SÍGUEO POR STREAMING 

(enlace dispoñible no día da transmisión)

Os “Encontros Espresso" son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo, experiencias e resultados.

Son eventos pensados especialmente para o noso persoal, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming.

Este novo formato comezará ás 10:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC, e irán acompañados con café de cortesía ("Espresso") para favorecer o bo fluír da comunicación.

Nesta ocasión, o seminario será impartido por Ana Vila Concejo, profesora titular en Xeomorfoloxía Costeira na Universidade de Sídney, cunha destacada carreira na investigación sobre sistemas costeiros e ecomorfodinámica..

Eco-morphodynamics of coastal systems

A "ecomorfodinámica" xorde cando se estudan sistemas costeiros nos que certas especies poden dominar algúns dos mecanismos de retroalimentación entre a hidrodinámica e as respostas morfolóxicas. A maioría dos estudos ecomorfodinámicos céntranse nos arrecifes de coral, pero tamén inclúen arrecifes de ostras, marismas, manglares e incluso pastos mariños.

Os arrecifes de coral proporcionan importantes servizos ecosistémicos, como a seguridade alimentaria e a protección costeira para as persoas e as propiedades, ademais de ser unha gran atracción turística. Os corais de todo o mundo están sufrindo transformacións irreversibles debido a un cambio ambiental rápido sen precedentes.

Esta presentación multidisciplinar céntrase nos avances recentes para comprender como os arrecifes de coral interactúan coas ondas e os sedimentos baixo o cambio climático. A última parte da presentación inclúe algunhas investigacións recentes sobre como aplicamos a ecomorfodinámica á restauración de ecosistemas utilizando exemplos de arrecifes de ostras e Posidonia en Australia.

Ana Vila Concejo

Licenciada en Xeociencias Mariñas pola Universidade de Vigo (España), onde completou un máster sobre praias estuarinas urbanas. En 2004, obtivo o seu doutoramento na Universidade do Algarve (Portugal). Trasládase a Australia en 2005 e traballa na Universidade de Sídney desde 2007, onde consolidou unha exitosa carreira en Xeomorfoloxía Costeira, acadando o posto de Profesora Titular en 2023. A súa investigación centrouse principalmente en estuarios, praias en estuarios e baías (BEBs), e arrecifes de coral. A súa investigación sobre ecomorfodinámica inclúe arrecifes de coral, arrecifes de ostras e outros ecosistemas que contribúen a Solucións Baseadas na Natureza. Publicou máis de 100 contribucións científicas e ten unha extensa rede internacional de colaboradores.

Na Universidade de Sídney, codirixe o Grupo de Investigación Geocostera, e tamén é Subdirectora da Escola de Xeociencias, Codirectora do Instituto de Estudos Mariños e Subdirectora da Estación de Investigación One Tree Island na Gran Barrera de Coral. Forma parte do Comité Asesor Científico do Instituto de Ciencias Mariñas de Sídney e, entre 2020 e 2024, foi membro do Colexio de Expertos do Consello Australiano de Investigación (ARC).

En 2016, cofundou a rede internacional de Mulleres en Xeociencias e Enxeñaría Costeira (WICGE), que copresidiu ata 2023. WICGE conta agora con máis de 600 membros a nivel mundial, e ela forma parte do Comité Asesor. Tamén é copresentadora do exitoso podcast Coast2Cast, onde entrevista a científicos e enxeñeiros costeiros de todo o mundo.

More