Melita Peharda, é investigadora senior do Institute of Oceanography and Fisheries (Split, Croacia) e visitará o IIM-CSIC a vindeira semana. A súa investigación céntrase no campo da ecoloxía mariña e está relacionada principalmente coa ecoloxía e a esclerocronoloxía dos bivalvos, incluíndo a análise de tecidos, o crecemento e a xeoquímica da cuncha. Ao analizar os efectos das variacións físicas e químicas sobre a deposición de cunchas, pódese obter moita información con aplicacións para a xestión e conservación de especies de bivalvos protexidas e de importancia comercial.

Melita explicaranos as súas investigacións no mar Adriático e tamén nos presentará brevemente o Institute of Oceanography and Fisheries , que foi a primeira institución científica nacional dedicada á investigación mariña en Croacia, e que mantén moitas semellanzas co noso IIM-CSIC debido á súa gran capacidade.multidisciplinar, abarcando dende a oceanografía química, física ou biolóxica, ata a sedimentoloxía, a pesca ou a acuicultura.

Non vos perdades a súa presentación o 9 de outubro ás 13:30 horas no salón de actos do IIM-CSIC.

More