Madagascar biodiversity and opportunities for marine research
A poñente invitada, Dr Fanomezana Ratsoavina, da Université d'Antananarivo, falará sobre as perspectivas e potencialidades da illa de Madagascar para a investigación mariña e terrestre.
O vindeiro xoves 25 de abril o IIM-CSIC acollerá o seminario: "Biodiversidade de Madagascar e oportunidades para a investigación mariña" a cargo da doutora Fanomezana Ratsoavina da Université d' Antananarivo, en Madagascar.
Como parte da súa visita conxunta ao noso país, tanto a doutora Ratsoavina como outro membro da universidade, Dr Zafimaheri Rakotomalala, compartirán a realidade da investigación malgache e as oportunidades que a illa reúne para novas iniciativas de investigación e innovación, tanto terrestres como mariñas.
Biodiversidade de Madagascar e oportunidades para a investigación mariña
Madagascar está entre os 10 primeiros puntos de biodiversidade do mundo. A pesar da intensa investigación no ámbito terrestre, pouco sabemos desta biodiversidade. Ademais, a investigación sobre o medio mariño é escasa en comparación.
Nesta charla, ofrecerei unha visión xeral da rica biodiversidade que se atopa en Madagascar, así como dos diversos desafíos e perigos que ameazan a súa sustentabilidade. Ademais, abordarei varios temas que atraen a atención de investigadores nacionais e internacionais.
Tamén falarei de novas fronteiras potenciais e perspectivas prometedoras no ámbito das ciencias mariñas e da investigación para ampliar o ámbito de exploración e investigación nesta illa única.
Dr Fanomezana Ratsoavina
A doutora Fanomezana Ratsoavina é 'Maitre de Conferences' e Directora da Mention de Zoologie et Biodiversité Animale (Mención de Zooloxía e Biodiversidade Animal) da Universidade de Antananarivo. O seu traballo céntrase na biodiversidade malgache, na taxonomía filoxenética e na conservación.
Este evento foi organizado polo grupo de investigación de Ecoloxía Marina Integrada (INMARE) do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC). Se tes unha carreira investigadora e tes interese nunha reunión para explorar novas colaboracións cos membros da universidade, podes solicitar unha praza enviando un correo electrónico a David Vieites (david.vieites@csic.es).