INSCRICIÓN

O vindeiro 15 de maio, realizarase a presentación da rede de investigación BIVALRED: Rede para o estudo e a promoción dos servizos ecosistémicos de bivalvos. 

Enmarcado dentro das actividades da rede de investigación BIVALRED (@BivalRed2024), e dentro das actividades do "European Maritime Day in your Country" este obradoiro pretende integrar coñecementos científicos de diferentes disciplinas arredor do estudo dos servizos ecosistémicos que proporcionan os bivalvos e da sensibilización da sociedade sobre os bens e servizos que proporcionan estes moluscos a través de varios casos prácticos.

A rede de investigación BIVALRED tamén se presentará como unha ferramenta para mellorar a coordinación entre investigadores de diferentes disciplinas como impulsores da acción colectiva da sociedade en torno á conservación dos bivalvos.

En xeral, o obradoiro ten como obxectivo promover a concienciación, o diálogo, a colaboración e a acción para resaltar todo o potencial dos bivalvos como provedores de servizos ecosistémicos ao tempo que se abordan os desafíos de conservación aos que nos enfrontamos nun contexto de cambio global, así como como fomentar o desenvolvemento sostible.

Modalidades de participación previa INSCRICIÓN

On-line (Enviaremos un link para conectarse ese mismo día)

Presencial (Salón Actos IIM - Eduardo Cabello, 6, Vigo)

Consulta o programa

  • 15.00h. Presentación da rede de investigación BIVALRED - Rede para o estudo e promoción dos servizos dos ecosistemas de bivalvos. Jose Manuel Fernández Babarro (IIM-CSIC de Vigo)
  • 15.15h Marisqueo e cambio global. Elsa Vázquez Otero (Universidade de Vigo)

  • 15:30h Restauración e Bioextracción. Marina Albentosa (IEO-CSIC de Murcia)

  • 15:45h Acuicultura. Fiz da Costa (IEO-CSIC de Vigo)

  • 16.00h. Uso de biosensores. José Manuel Fernández Babarro (IIM-CSIC de Vigo)

  • 16.15h FINS: Operacionalización da capacidade de carga da acuicultura. Ramón Filgueira. (Dalhousie University, Halifax, Nova Scotia, Canadá)

  • 16.30h-17.00h. Mesa redonda de debate e interacción entre relatores e participantes

Que é BIVALRED?

BIVALRED é unha rede de investigación, que pretende funcionar como unha ferramenta para estudar e promover os servizos ecosistémicos dos bivalvos. A rede está coordinada polo IIM-CSIC, e colabora persoal investigador da Universidade de Cádiz (UCA), a Universidade de Vigo (UVIGO), a Universidade do País Vasco/Euskal Herriiko Unibertsitatea (UPV/EHU), os Centros Oceanográficos de Murcia, Cádiz e Vigo (IEO-CSIC), o Instituto de Acuicultura Torre de la Sal (IATS-CSIC) e o Institut de Ciències del Mar (ICM-CSIC). Os obxectivos de BIVALRED, entre outros, son: (i) promover a colaboración a longo prazo entre os grupos de investigación pertencentes á rede; (ii) integrar coñecementos científicos de diferentes disciplinas arredor do estudo e promoción dos servizos ecosistémicos dos bivalvos; (iii) establecer protocolos para a análise e utilización conxunta de equipamentos e infraestruturas por parte dos grupos da rede; (iv) promover a mobilidade do persoal formador e dos novos investigadores e así (v) transferir coñecementos entre grupos de investigación, así como colaborar na (vi) sensibilización da sociedade sobre os bens e servizos que prestan os bivalvos, así como (vii) fomentar que a administración pública desenvolva políticas que favorezan a acuicultura e a restauración das poboacións de bivalvos; e (viii) intensificar as relacións coas organizacións internacionais que traballan pola recuperación das poboacións de bivalvos e os seus servizos ecosistémicos.

 Máis información

More