O Auditorio Municipal de Nigrán acollerá este sábado, 4 de marzo ás 19.00h, a representación da obra de teatro científico 'Que traballo tan curioso!', unha creación dirixida ao público infantil, da Unidade de Cultura Científica da Delegación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia, para reivindicar o 8 de marzo, Día da Muller dentro do programa “Mes Violeta” do Concello de Nigrán. 

A divulgadora Luisa Martínez Lorenzo, veciña de Nigrán e responsable desta unidade, protagoniza este traballo como investigadora; invitando ao público a adiviñar a súa profesión. A obra forma parte do proxecto 'Ciudad Ciencia'.

Tamén estará Marta López Cabo do IIM-CSIC, como asesora científica.

Ademais, dentro do “Mes Violeta”, Nigrán conta cunha ampla programación que se pode consultar na Axenda Cultural do propio concello. 

More