Ray Reunions and Social Skates: Diving into the social lives of elasmobranchs- from Papua to Spain via Australia
Encontros Espresso no IIM-CSIC, o 7 de novembro, con Robert Perryman, investigador posdoutoral do grupo de Ecoloxía Mariña Integrada (INMARE).
(enlace dispoñible no día da transmisión)
Os “Encontros Espresso" son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo, experiencias e resultados.
Son eventos pensados especialmente para o noso persoal, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming.
Este novo formato comezará ás 10:00 horas no Salón de Actos do IIM-CSIC, e irán acompañados con café de cortesía ("Espresso") para favorecer o bo fluír da comunicación.
Nesta ocasión, o seminario correrá a cargo de Robert Perryman, investigador posdoutoral do grupo de Ecoloxía Mariña Integrada (INMARE).
Ray Reunions and Social Skates: Diving into the social lives of elasmobranchs- from Papua to Spain via Australia
Rob falará da súa investigación de doutoramento titulada "Organización social, comportamento social e movementos colectivos nas mantarraias de arrecife", así como das súas experiencias na recollida de datos en Raja Ampat, Papúa Occidental, unha rexión excepcional para a biodiversidade mariña. Utilizou unha variedade de métodos, incluíndo identificación fotográfica, telemetría acústica, observacións con drons e análise de redes sociais, para estudar o comportamento das raias manta. Ademais, participou en proxectos de conservación que xestionan as interaccións entre as raias manta e os humanos da zona. Agora en Vigo abordará tamén o seu novo papel no proxecto BELAS (Villegas-Ríos), onde investiga o comportamento das raias (Raja undulata) na interface espacial-social.
Robert Perryman
Investigador posdoutoral no IIM. Os seus principais intereses de investigación centranse na relación entre o comportamento espacial e social dos elasmobranquios, na protección dos océanos e na busca de novos métodos para estudar a comportamento da megafauna mariña. Conta con máis de 10 anos de experiencia no estudo de tiburóns e raias, dos cales pasou 5 anos en Raja Ampat, Indonesia, en colaboración coa Marine Megafauna Foundation. Completou o seu doutoramento na Universidade Macquarie en Sídney en 2021.