Visitas Escolares ao IIM | IES Valle Inclán
Este mes de novembro tivemos o pracer de recibir o IES Valle Inclán no noso edificio de Bouzas, onde visitaron os nosos laboratorios e acuarios.
![IES Valle Inclán](/sites/default/files/styles/noticia_full/public/2024-01/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-18.jpg?itok=t7UtOVw0)
Despois da benvida e presentación do traballo que se realiza no IIMC-CSIC por parte da UCC+I do centro, os estudantes tiveron a oportunidade de participar nunha charla con varios grupos do instituto, incluíndo Bioxeoquímica Mariña, Laboratorio de Xeoquímica Orgánica e os Acuarios.
Moitas grazas por vir! Desexamos volver a velos por aquí!"