Proceso de solicitude

Modelos e prazos de presentación de solicitudes

As solicitudes para participar neste concurso dirixiranse á Secretaría Xeral de Recursos Humanos da Axencia Estatal do Consello Superior de Investigacións Científicas, axustándose aos modelos publicados como anexos a esta Resolución e presentaranse, xunto co resto dos documentos que deberán terse en conta, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no «Boletín Oficial del Estado» a través do rexistro electrónico do CSIC. Será imprescindible a acreditación mediante certificado electrónico, DNI-e ou certificado da FNMT.

Os membros do funcionariado que non poidan formular a súa solicitude por vía electrónica, poderán presentala, con carácter excepcional, nos rexistros a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas no «Boletín Oficial del Estado».

Todos os detalles no BOE no 214; Martes, 6 de setembro de 2022 Sec. II.B. Páxina 123979

Prazo aberto ata o 27 de setembro de 2022.

A solicitude que se presentará constará dos seguintes documentos:

  • Anexo II: Solicitude.
  • Anexo III: Certificado de méritos do órgano competente en materia de xestión de persoal ou xustificación de telo solicitado ao órgano competente no prazo establecido. Para o persoal funcionario que desempeñe praza no CSIC non será necesaria a presentación do anexo III posto que será realizado de oficio pola Subsecretaría Xeral de Recursos Humanos.
  • Anexo IV: Certificado de méritos específicos.
  • Anexo V: Consentimento para a comprobación dos datos de residencia (se procede).
  • Cursos solicitados na convocatoria e que non estean acreditados no anexo III.
Máis ofertas de traballo