Descripción

O IIM participou na Noite Europea das Persoas Investigadoras 2021 "Conciencias Creativas". A actividade principal na que participou o IIM-CSIC e a Delegación do CSIC en Galicia foi o espectáculo de performance audiovisual Newton Experiment 2: Sounds of Science, que se puido disfrutar no Museo de ArteContemporáneo de Vigo (MARCO). Consistiu en cinco intervencións musicais e performativas ca voz como protagonista, da man da artista Mónica de Nut e o seu traballo xunto a científicos e científicas do IIM-CSIC. Ademais, dende a Universidade de Vigo desenvolvéronse unha serie de charlas curtas, estilo TEDx, nas que tamén participou persoal investigador do CSIC.