25 aniversario da sala branca do IIM: orixe, anécdotas e froitos
"Encontros Espresso" do IIM-CSIC, o 19 de maio no Salón de Actos do IIM-CSIC coa charla do compañeiro Ricardo Prego do grupo de Bioxeoquímica Mariña.
(enlace dispoñible no día da transmisión)
Os “Encontros Espresso" son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo, experiencias e resultados.
Son eventos pensados especialmente para o noso persoal, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming.
Este novo formato celebrarase mensualmente, ás 10:00 horas no Salón de Actos do IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía ("Espresso") para favorecer o bo fluír da comunicación.
Desta vez encontrámonos coa noso compañeiro, Ricardo Pego Reboredo.
25 aniversario da sala branca do IIM: orixe, anécdotas e froitos
Cando bebemos auga mineral poucas veces fixámonos na súa etiqueta onde varios elementos, en moi baixas concentracións, acompañan ao famoso H2O. Isto mesmo pasa coa auga de mar onde os “elementos traza”, como o arsénico, o cobre ou o níquel, atópanse en concentracións tan baixas que necesitamos de equipos, protocolos e salas especiais para medilos: as salas brancas. A sala branca do IIM é unha delas e leva 25 anos sendo o acubillo de interesantes estudos para analizar a contaminación e a presenza de elementos traza nos nosos ríos, rías e océanos. Ao entrar non veremos máis que unha sala limpa, moi limpa, como calquera laboratorio. Con todo, se nos fixamos, as salas brancas teñen pequenos segredos que as fan diferentes: esquinas redondeadas, batas especiais e nin rastro de metais no mobiliario. .
Ricardo Prego Reboredo
Ricardo Prego iniciou esta sala tan especial que, xunto a outras do noso centro, permítennos seguir avanzando no coñecemento científico do mar. Na súa charla relatará a curiosa historia das salas brancas e como foron capaces de cambiar a lexislación ambiental estadounidense, as características técnicas e as historias que garda este pequeno espazo do noso Instituto e as moitas posibilidades de investigación que brindou (e pode aínda brindar) á Ciencia desde o IIM.