O Colexio Andersen visita o IIM
O pasado venres tivemos o pracer de dar a benvida ao Colexio Andersen no noso edificio de Bouzas, onde visitaron os nosos laboratorios e acuarios.
![Colexio Andersen](/sites/default/files/styles/noticia_full/public/2022-02/Imaxes%20de%20Eventos%20-%20780x500%20px%20%281080%20%C3%97%20567px%29.jpg?itok=K1MgKNQH)
Durante esta visita, o colexio tivo a oportunidade de falar con varios grupos do instituto, incluido o de Bioquímica de Alimentos (Amaya e Patricia) e o de Microbioloxía e Tecnoloxía dos Produtos Mariños (Marta), e visitar o acuario do centro con Xoán e Rubén.
Moitas grazas por virdes! Desexamos volver vervos por aquí!
Se tamén queres facernos unha visita, vai á nosa páxina de información.