O IIM-CSIC: 7 décadas navegando pola investigación mariña en Galicia
*Por motivos de prevención, vémonos na obriga de aprazar este evento. Anunciaremos a nova data o máis pronto posible!
O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, en Vigo, retransmitirá próximamente*, o evento “O IIM-CSIC: 7 décadas navegando pola investigación mariña en Galicia”.
O pasado 3 de outubro fixéronse 70 anos da fundación do Instituto de Investigaciones Pesqueras do CSIC (institución da que saiu o IIM-CSIC e outros 5 centros mariños do CSIC). Neste evento o Instituto quere facer un breve repaso aos seus 70 anos de historia, aos cambios que se deron no mundo da ciencia mariña dende a perspectiva das persoas que formaron parte da comunidade do IIM durante estas 7 décadas en Vigo.
Programa
O programa contará coa participación do Dr. Ricardo Prego, investigador no IIM e co-autor do libro “El Instituto de Investigaciones Pesqueras: Tres décadas de historia de la investigación marina española“, así como dalgunhas das figuras que pasaron por este centro nas súas 7 décadas en Vigo.
Podes descargar o programa completo aquí.
- 12:00h – Benvida e introdución
- Luisa Martínez Lorenzo – UCC da Delegación do CSIC en Galicia
- 12:10h – Charla histórica
- Dr. Ricardo Prego – IIM-CSIC
- 12:40h – Mesa Redonda | 7 décadas de…
- Modera: Luisa Martínez Lorenzo
- Participan:
- Pilar González Fernández – Investigadora do IIM-CSIC ata 2014
- José Manuel Abuín – Director do IIP-CSIC de Vigo (1978-1982) e investigador ata 2014
- Mª Ángeles García Calvo – Técnica de Biblioteca e Documentación ata 2014
- Miguel Anxo Murado García – Director do IIP-CSIC de Vigo (1983-1987) e profesor de investigación ata 2013
- Participan:
- Modera: Luisa Martínez Lorenzo
- 13:40h – Rolda de Preguntas e respostas
- 14:00h – Peche da Xornada
Parte da Semana da Ciencia e a Tecnoloxía
O evento conta coa colaboración da Delegación do CSIC en Galicia e realízase no marco da Semana da Ciencia e a Tecnoloxía do CSIC, así como da celebración conxunta de 70 aniversario do Instituto de Investigaciones Pesqueras del CSIC.
Terá lugar no Salón de Actos do IIM-CSIC, en Bouzas. Animámosvos a asistir telemáticamente a este evento e a coñecer un pouco máis da historia e do legado do noso Instituto, unha historia que é testemuña dos fondos cambios que se deron na investigación mariña feita en Galicia e que marcou moitos dos camiños que hoxe estámos a decorrer os que traballamos neste eido da ciencia.