• Patente | Péptido de miticina e o seu uso en rexeneración celular

    Autoría: Antonio Figueras Huerta, María Gasset Vega, Beatriz Novoa García, Magalí Rey Campos, Ricardo Mallavía Marín, Regla María Medina Gali, Alicia Martínez López

    A presente invención refírese a péptidos derivados da miticina C e os seus usos terapéuticos, máis concretamente na rexeneración celular e/ou dos tecidos. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

  • Patente | Derivados do andrografólido para o seu uso no tratamento de doenzas inflamatorias relacionadas coas citocinas

    Autoría: Eva María Rivero Buceta; Cristian Smerdou Picazo; Pablo Botella Asunción; Antonio Pineda Lucena; Carla María Vidaurre Agut; Beatriz Novoa; Antonio Figueras Huertas;  José María Benlloch Baviera

    Derivados do andrografólido para o seu uso no tratamento de doenzas inflamatorias relacionadas coas citocinas. Patente pendente de publicación.

     

  • Patente | Derivados do andrografólido para o seu uso no tratamento da COVID-19 e da fibrose pulmonar asociada a ela

    Autoría: Antonio Pineda Lucena; Carla María Vidaurre Agut; Eva María Rivero Buceta; Jose María Benlloch Baviera; Cristian Smerdou Picazo; Beatriz Novoa; Antonio Figueras Huertas; Pablo Botella Asunción

    Derivados do andrografólido para o seu uso no tratamento da COVID-19 e da fibrose pulmonar asociada a ela. Patente pendente de publicación.

  • Prototipo | Morbidostat: desentrañando a resistencia a axentes antimicrobianos

    Morbidostat é un dispositivo de cultivo continuo controlado por ordenador que axusta automaticamente a concentración de fármacos para manter constante a inhibición do crecemento en cultivos microbianos. A medida que as bacterias adquiren mutacións que lles confiren resistencia aos fármacos, son capaces de tolerar meirandes concentracións dos devanditos fármacos e de medrar máis rapidamente, eliminando así a presión selectiva, que é a forza impulsora da evolución. Para compensar este mecanismo, Morbidostat aumenta a concentración do fármaco o suficiente para manter a taxa de crecemento orixinal das bacterias, mantendo así a presión selectiva ao longo do tempo. O sistema permite adquirir datos para modelar a evolución microbiana baixo estrés por axentes antimicrobianos, optimizar as estratexias de dosificación de biocidas e desenvolver cepas de alta resistencia a axentes antimicrobianos utilizadas para analizar a eficacia de novos biocidas, entre outras aplicacións.  

     

  • Piloto | iDVP: Punto de Valorización e Procesamento Integral de Descartes

    Desenvolvido dentro do proxecto Life iSEAS, no iDVP aplícase o concepto de biorrefinería á revalorización integral dos descartes pesqueiros. Consta de dispositivos de machucado/picado/homoxeneización, autoclave, separador de carne e espiñas para produción de pasta de peixe, reactores de 300-500 l configurados para a hidrólise química/encimática controlada, sistemas de separación e purificación de compostos biolóxicos, incluídas centrífugas Tricanter e equipamento de membrana (micro e ultrafiltración) e dispositivos utilizados para a concentración (evaporador ao baleiro) e o secado (liofilizador e secador por atomización). Para máis información, escríbenos un correo electrónico.

  • Software | GOVOCITOS

    Govocitos é un software libre de análise de imaxe que permite a determinación doada e precisa de parámetros reprodutivos en peixes a partir de imaxes histolóxicas. Aínda que se deseñou para a estimación da fertilidade en peixes, as súas aplicacións son ampliables a outros problemas de reconto, medida e clasificación (p. ex., reconto de pole, oncoloxía e citoloxía, etc.).

    Podes atopar máis información aquí.

  • Patente | Derivados de galatos de alquilo como antioxidantes e surfactantes

    Autoría: Juan Carlos Morales Sánchez, Ricardo Lucas RodrÍguez, Olivia Sánchez Maldonado, Francesc Comelles Folch, José Luis Parra Juez, Isabel Medina Méndez

    A invención relaciónase cun composto derivado dun galato de alquilo e o seu método de produción, así como co seu uso como surfactante e axente oxidante, en particular como parte dunha composición en forma de emulsión. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

     

  • Patente | Procedemento e kit para a identificación das principais especies comerciais de lagostinos e camaróns

    Autoría: Lorena Barros Tajes; Isabel Medina; Igancio Ortea; José Manuel Gallardo

    Procedemento e kit para a identificación das principais especies comerciais de lagostinos e camaróns (orden Decápodos) pertencentes ás familias Penaeidae (Penaeus monodon, Farfantepenaeus notialis, Fenneropenaeus indicus, Fenneropenaeus merguiensis, Litopenaeus vannamei), Solenoceridae (Pleoticus muelleri) e Pandalidae (Pandalus borealis) en produtos e subprodutos frescos, refrixerados, conxelados e/ou procesados. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

     

     

  • Patente | Compostos con actividade antiinflamatoria

    Autoría: Juan Carlos Espin de Gea; Juan Carlos Morales Sánchez; Isabel Medina

    Compostos para o tratamento de procesos inflamatorios implicados en numerosas doenzas, tales como as doenzas inflamatorias do intestino. A invención refírese principalmente a compostos incluídos en certa fórmula xeral e ao procedemento para obtelos. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

     

  • Patente | Método para a identificación de polipéptidos antimicrobianos en Mytilus edulis

    Autoría: María del Mar Costa Portela, Beatriz Novoa García, Antonio Figueras Huerta, Sonia Dios Vidal, Camino Gestal Mateo

    A invención proporciona un método para a identificación de polinucleótidos, precursores que codifican polipéptidos con actividade antibacteriana e antiviral (miticinas e mitilinas). Podes ver información más detallada premendo aquí.