Oferta | 2 contratos de investigación en AcuaBioTec
O Instituto de Investigacións Mariñas do Consello Superior de Investigacións Científicas (IIM-CSIC) en Vigo ofrece dous contratos para postos de investigador/a no Laboratorio de Biotecnoloxía Acuática. A oferta inclúe un posto de titulada/o superior (predoutoral) de 4 anos de duración e un posto de investigador/a postdoutoral (Doutor/a FC3) de 3 anos de duración. Ambas comezarán en xaneiro de 2025.
Os requirimentos específicos de cada oferta enuméranse nas descricións das ofertas máis abaixo. Para postularse é un requisito previo estar de alta na Bolsa de Traballo do CSIC. Ao inscribirse, as persoas candidatas deben especificar “Recursos Naturais” como subárea científica e, como mínimo, unha das áreas especificadas en cada unha das descricións das ofertas enumeradas máis abaixo.
Para consultas ou dúbidas, as persoas interesadas poden contactar coa Prof. Sofía Consuegra en sconsuegra@iim.csic.es
Tamén podes revisar o ser perfil de ResearchGate.
O proxecto OLDSALMO
Ambos postos enmarcaránse dentro do proxecto interdisciplinario OLDSALMO: Testing temporal genomic shifts in exploited fish populations using ancient and environmental DNA -
OLDSALMO é un proxecto de 4 anos financiado polo Programa ATRAE que utilizará o salmón do Atlántico como especie de estudo para desenvolver enfoques novedosos para avaliar o papel da sobrepesca e o cambio climático na diminución da poboación. Para realizar este estudo, compararemos a variación xenómica antiga, histórica e contemporánea ao longo dunha liña de tempo evolutiva continua dende o Pleistoceno. Centrarémonos en 3 períodos de cambios drásticos na temperatura (durante e despois do último máximo glacial) e do aumento das presións pesqueiras (nos últimos 75 anos), para avaliar se os efectos do cambio climático e a sobrepesca son sinérxicos e aceleran a perda de diversidade xenómica nas poboacións de peixes. Tamén desenvolveremos e validaremos novas ferramentas non destrutivas baseadas no ADN ambiental para avaliar os cambios na diversidade xenética das poboacións de salmón ameazadas (perda de diversidade alélica, diminución do tamaño efectivo da poboación).
O proxecto conta cunha estreita colaboración coa Universidade de Swansea, a Universidade de Cantabria (EvoAdapta), a Universidade de Harvard (Reich's Lab), o Instituto Noruegués de Investigación da Naturaleza (NINA) e Xestión Ambiental de Navarra.
Por que o IIM?
Ol Instituto de Investigacións Mariñas pertence ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), o maior organismo público de investigación de España, o terceiro de Europa e o sétimo do mundo. O IIM-CSIC é un dos institutos líderes na investigación mariña en España, cunha actividade diversificada e unidades estratéxicas propias de Internacionalización, Transferencia de Coñecemento e Cultura Científica. Con sede na cidade de Vigo, ofrecemos un entorno de investigación dinámico que impulsa a carreira profesional do noso persoal, ampliando as súas redes de colaboración e aumentando o seu impacto real na sociedade.
Dous contratos para impulsar a túa carreira
O IIM-CSIC, como institución mariña dedicada a producir coñecemento para o desenvolvemento sostenible, leva a cabo unha investigación multidisciplinar, dándolle resposta a retos globais e ao noso contorno máis próximo, que permite unha comprensión integral dos ecosistemas mariños.
En relación coa convocatoria, ofrécense os seguintes postos:
Importante - para poder optar a este posto deberás rexistrarte na Bolsa de Traballo do CSIC especificando :
- Subárea científica: "Recursos Naturales"
- Como mínimo unha das seguintes áreas:
-
Biología de organismos y sistemas: Genetica aplicada a la biología de la conservación
-
Paleoecologia/paleobiologia
-
Ciencias marinas: Biodiversidad, ecología y evolución< /p>
-
Duración: 3 anos a partir de xaneiro 2025
Descrición: A persoa seleccionada traballará principalmente na análise de mostras ancestrais e históricas traballando en colaboración co IP e o resto do equipo do proxecto. Será responsable do análise de datos, a preparación de manuscritos, a difusión dos resultados do proxecto en congresos (nacionais e internacionais) e a divulgación, e terá a oportunidade de participar na supervisión de estudantes de pre e posgrao.
Requirimentos: É imprescindible unha sólida formación en Bioinformática. É desexable experiencia en ecoloxía molecular e/ou ADN antigo.
Importante - Para optar a este posto é necesario rexistrarse na Bolsa de Traballo do CSIC especificando:
- Subárea científica: "Recursos naturales"
- Polo menos unha das seguintes áreas:
-
Bioloxía de organismos e sistemas: Xenética aplicada á bioloxía da conservación
-
Ciencias do Mar: Biodiversidade, ecoloxía e evolución
-
Duración: 4 anos a partir de xaneiro de 2025
Descrición: A persoa seleccionada realizará a análise de poboacións históricas e contemporáneas baixo a supervisión do investigador principal e do investigador/a posdoutoral coa colaboración do equipo de investigación de AcuaBioTec. A investigadora ou investigador predoutoral seleccionado recibirá formación en bioloxía molecular, bioinformática e bioloxía xeral pesqueira e ofreceráselle a posibilidade de matricularse nun Programa de Doutoramento na Universidade de Vigo.
Requisitos: Requírese un título de Grao en Bioloxía Molecular ou nunha especialidade similar.
Asegúrate de ler atentamente os requisitos específicos de cada oferta indicada nas descricións das ofertas máis arriba.
Para presentar unha solicitude é requisito previo estar inscrito na Bolsa de Traballo do CSIC. Ao rexistrarte, debes especificar "Recursos naturais" como subárea científica e polo menos unha das áreas especificadas en cada unha das descricións das ofertas.
Para consultas ou dúbidas, ponte en contacto coa Prof. Sofía Consuegra en sconsuegra@iim.csic.es