Únete ao IIM | Oportunidades de doutoramento (FPU 2023)
O Instituto de Investigaciones Mariñas (IIM-CSIC) ofrece 2 temas de investigación para solicitar contratos pre-doutorais de 4 anos de duración connosco, dentro do programa da Axudas para a Formación de Persoal Universitario do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (FPU2023).
Estas axudas teñen como obxecto facilitar a formación investigadora en programas de doutoramento para a consecución do título de Doutor/a, así como a adquisición de competencias que faciliten a futura incorporación destas persoas ao sistema español de educación superior, e de investigación científica. O contrato terá unha duración xeral de catro anos (ou ata seis para persoas con discapacidade) e tamén se financiará a realización dunha estancia en centros estranxeiros, e excepcionalmente españois, que contribúa á mellora ou especialización da formación predoutoral.
Se se adquire o título de Doutor/Doutora antes da última anualidade da axuda FPU, o beneficiario do contrato poderán acceder a un periodo de Orientación Postdoctoral (POP) por ata un ano.
Ademais do tema específico que ofrecemos para solicitar estes contratos, invitámosche a explorar a nosa web para atopar outros grupos de investigación que se adapten mellor á túa experiencia, e contactar cos potenciais supervisores para compartir as túas ideas.
O IIM-CSIC é unha institución de acollida moi competitiva que ofrece a contorna ideal para fomentar e consolidar investigadores en calquera etapa da súa carreira. Únete ó Instituto e impulsa a túa carreira connosco!
Por que o IIM?
O Instituto pertence ó Consejo Superior de Investigaciones Científicas, a maior organización de investigación de España, a terceira de Europa e a sétima do mundo. O IIM-CSIC é un dos institutos líderes en investigación mariña en España, cunha actividade diversa e unidades estratéxicas propias de Internacionalización, Transferencia e Cultura Científica. Con sede na cidade de Vigo, ofrecemos unha entorno de investigación dinámico que impulsa a carreira do noso persoal, ampliando as súas redes de colaboración e aumentando o seu impacto real na sociedade.
Un proxecto para impulsar a túa carreira
O IIM-CSIC, como institución de investigación mariña dedicada ao desenvolvemento do coñecemento para o desenvolvemento sostible, realiza unha investigación multidisciplinar que responde os retos globais e ás preocupacións locais e permite unha comprensión integral e global dos ecosistemas mariños.
Con respecto á Convocatoria FPU 2023, os seguintes grupos mostraron o seu interese no programa e actualmente están a buscar un candidato/a interesado/a para solicitar con eles un destes contratos dentro do seguinte proxecto:
Supervisors: Beatriz Novoa (beatriznovoa@iim.csic.es) || Patricia Pereiro (patriciapereiro@iim.csic.es)
We will try to understand the changes of microbiomes associated to inflammatory processes or to an infection and how we can modulate them. We will work with several models such as cell culture, in vivo model of zebrafish (Danio rerio) and also we will investigate the effect of immunostimulation to the microbiome of commercial fish species to get better resistance against diseases.
We will apply transcriptomic and next generation sequencing approaches to identify the microbiomes and to analyze the immune responses using flow cytometry, confocal imagen and molecular analysis.
Supervisors: Beatriz Novoa (beatriznovoa@iim.csic.es) || Antonio Figueras (antoniofigueras@iim.csic.es)
We will analyze the genomic diversity of putative bioactive peptides from marine bivalves and other sources. Also we will analyze the functions of these molecules as antiviral, antibacterial and antiinflammatory compounds in the model of human cells and also in a complete animal (model of zebrafish larvae).
We will apply transcriptomic and next generation sequencing approaches to identify the AMPs, their regulations after infections and their effects to be applied in biomedicine and veterinary.
Antes de realizar os trámites, asegúrate de ler detidamente a Convocatoria e de que cumpres cos requisitos de elexibilidade.
Se tes interese en solicitar estes contratos connosco, ponte en contacto directamente cos potenciais supervisores do proxecto, co teu currículo e expedientes académicos para obter máis detalles antes do 8 de febreiro de 2024.
Ten en conta que unha vez que contactes e se te seleccionamos, a persoa supervisora e ti teredes que discutir, escribir e completar unha solicitude conxunta que deberás completar na plataforma da sede electrónica do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades antes do 15 de febreiro de 2024 ás 14:00h (hora peninsular española).
Por iso recomendamos que contactes co(a)s potenciais supervisoras/es o máis axiña posible.