Informática e Tecnoloxías da Comunicación
Na actualidade, todo o noso traballo, incluído o de investigación e innovación, depende enormemente do establecemento de conexións seguras e estables cunha ampla gama de servizos informáticos e de datos.
Co noso propio centro de procesamento de datos (CPD), ademais de centos de ordenadores e outros dispositivos, o Servizo de Informática e Tecnoloxías da Comunicación (IT) traballa a diario para evitar os ataques e fraudes informáticos e a perda de datos, garantindo que todo está actualizado e funciona correctamente. O equipo de IT proporciona unha ampla variedade de servizos, dende xestionar os servidores e a seguridade lóxica en redes ata ofrecer un servizo de asistencia orientado a quen usa a tecnoloxía, facilitando protocolos, apoio e asesoramento.
Tarefas principais
Entre as principais tarefas do servizo de IT, destacan as seguintes:
Xestión do centro de datos
- Administración, configuración e mantemento de servidores
- Vixilancia e control do acceso
- Control dos parámetros de funcionamento da sala
- Renovación e mantemento de elementos estruturais
- Seguridade lóxica en redes:
- Seguridade física da área de servidores
- Xestión de seguridade do software nos servidores
- Seguridade lóxica do acceso ás redes
- Control da seguridade en terminais
Xestión de servizos comúns
- Mantemento e xestión de servizos comúns
- Administración de máquina virtual
- Servizos de impresión
- Correo electrónico
- DNS
- Devasa
Servizo de asistencia
- Atención a persoas usuarias
- Solución de problemas frecuentes
- Directrices e recomendacións
Equipo
-
AlbertoEspinosaOrtegaAdministración e soporte xeralXerentealbertoespinosa@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438500
-
Juan LuísPérezMariñoSoporte técnico e estratéxicojuanluis@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438501
-
MiguelVázquezÁlvarezSoporte técnico e estratéxicoRepresentante de persoalmvazquez@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438503