Mantemento
Dende arranxar fugas na tubaxe ata facer reparacións mecánicas do equipamento de laboratorio, o noso servizo interno de Mantemento garante ao resto do noso persoal que calquera problema técnico se soluciona de xeito rápido e profesional.
O servizo é responsable de levar a cabo pequenas reparacións e de garantir o correcto funcionamento das instalacións do centro, xestionando e previndo calquera posible avaría que poida interferir no correcto funcionamento do Instituto.
Obxectivos e tarefas
Entre as tarefas que leva a cabo o servizo de Mantemento, destacan as seguintes:
- Xestión da instalación eléctrica: SAI, instalación de novas conexións e mantemento das xa existentes, calefacción
- Xestión do subministro de auga e fontanería
- Instalación e mantemento de redes telefónicas e informáticas (cablaxe)
- Mantemento do sistema de subministro de auga destilada (filtros, resinas, cabezais, equipamento Millipore, tubaxe...)
- Mantemento dos equipos de aire acondicionado
- Mantemento mecánico do instrumental de laboratorios e acuarios
- Mantemento das instalacións de almacenaxe en frío (compresores, ventiladores, radiadores, válvulas de laminación, termostatos...)
- Mantemento do mobiliario de oficinas e laboratorios (pechaduras, carpintaría...)
- Flota de vehículos (inspecciones periódicas, reparacións, Inspección Técnica de Vehículos)
- Xestión de residuos (baterías, tóner, cartuchos de tinta, tubos fluorescentes, material danado...)