Cultura Oceánica
Comprender como os océanos afectan as nosas vidas, así como os efectos que as nosas vidas teñen sobre os océanos; iso é, en esencia, a Cultura Oceánica.
No Instituto de Investigacións Mariñas, inspirámonos neste concepto, seguindo o exemplo e facendo avanzar activamente os programas de organizacións chave como a COI-UNESCO ou a Coalición Eu4Ocean para a Cultura Oceánica.
A investigación científica é o primeiro paso cara a unha relación máis informada co mar e os seus recursos, unha relación que poida ser completamente sustentable a longo prazo. Con todo, tamén existe unha necesidade de facer chegar este coñecemento aos millóns de persoas que viven as súas vidas diarias influenciadas polos ecosistemas mariños, tanto se son conscientes como se non. Na nosa misión por acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU e máis concretamente o obxectivo ODS 14 (Vida submarina), pretendemos proporcionar á sociedade recursos, espazos e oportunidades de explorar, tanto connosco como por si mesma, o apaixonante mundo que existe baixo a superficie e as moitas formas nas que é parte esencial da nosa vida diaria.
Nesta páxina, poderás atopar algúns recursos que amosan o noso traballo de promoción da cultura oceánica na nosa comunidade. Se queres máis información sobre a cultura oceánica e todo o que implica, recomendámosche visitares o Kit pedagóxico "Cultura oceánica para todos" da COI-UNESCO.