Capacidades e produtos de innovación
- Software | PREMER: inferencia rápida en redes con teoría da información
PREMER (Parallel Reverse Engineering with Mutual information & Entropy Reduction [enxeñaría inversa paralela con información mutua e redución de entropía]) é unha ferramenta de software multiplataforma de código aberto para inferencia de estruturas de redes a partir de datos mediante medidas de teoría da información. É unha ferramenta de uso xeral desenvolvida pensando en redes biolóxicas, pero pódese aplicar a outros campos.
Podes atopar máis información aquí.
- Software | ACOmi: optimización por colonia de formigas de problemas de programación non lineais enteiro-mixtos (MINLP)
O método descríbese en Schlater, M., J. A. Egea y J. R. Banga (2009). Extended ant colony optimization for non-convex mixed integer nonlinear programming. Computers & Operations Research 36(7): 2217-2229.
O software está dispoñible baixo petición (escríbenos se che interesa).
- Prototipo | MUSSEL-HFNI: biosensores de alta frecuencia non invasores (HFNI) e de baixo custo para seguimento en acuicultura
Dispositivo para facer seguimento do estado fisiolóxico de ata 64 bivalvos no seu sistema de cultivo en tempo real.
O sistema de seguimento baséase na análise dos micromovementos dos bivalvos relacionados coa apertura de valvas (valvometría). Estudos recentes confirmaron que esta é unha técnica moi prometedora para detectar proliferacións de algas nocivas e episodios de acidificación do océano.
O prototipo está actualmente en adaptación para mellorar a súa portabilidade e autonomía. Para máis información, escríbenos un correo electrónico.