UACT: Unidade de Apoio Científico-Técnico
A Unidade de Apoio Científico-Técnico (UACT) ten por obxectivo facilitar un meirande nivel de coordinación, operatividade e visibilidade aos recursos de apoio á investigación que ofrece o Instituto de Investigacións Mariñas.
Esta unidade comprende un total de 15 laboratorios, que teñen por misión ofrecer asesoramento e servizos científicos e técnicos aos grupos de investigación do Instituto. A meirande parte deles ofrecen as súas capacidades ao público e ás organizacións privadas que o soliciten.
O persoal dos laboratorios está especializado nas técnicas que se ofertan, mentres que o instrumental está adaptado ás tecnoloxías máis actuais e se actualiza constantemente.
Para atopar o servizo que máis se adapta ás túas necesidades, ponte en contacto coa Coordinación da UACT no correo uact@iim.csic.es
Como instituto de investigación centrado na innovación, ademais destes servizos contamos con outras capacidades de innovación que poden axustarse aos teus obxectivos.
Catálogo de capacidades e produtos de innovación
As funcións desta unidade son:
- Apoiar e coordinar as necesidades de investigación científico-técnica dos distintos departamentos do IIM, así como doutras organizacións públicas ou privadas.
- Desenvolver a investigación metodolóxica e as técnicas experimentais necesarias para mellorar e ampliar os nosos servizos.
- Asesorar a comunidade científica e as empresas do sector sobre todo o relacionado co seu eido de acción.
- Proporcionar formación ao persoal investigador e técnico no relativo ás técnicas aplicadas nos laboratorios para que poidan aproveitar todo o potencial das infraestruturas dispoñibles.
A UACT coordina as infraestruturas e a actividade investigadora de 15 laboratorios que ofrecen unha ampla gama de servizos, así como asesoramento científico e técnico, aos grupos de investigación do Instituto e ás organizacións públicas e privadas que os solicitan.
O noso equipo leva a cabo todas as actividades cumprindo coa normativa vixente en materia de seguridade no traballo.