Capacidades

  • Piloto | iDVP: Punto de Valorización e Procesamento Integral de Descartes

    Desenvolvido dentro do proxecto Life iSEAS, no iDVP aplícase o concepto de biorrefinería á revalorización integral dos descartes pesqueiros. Consta de dispositivos de machucado/picado/homoxeneización, autoclave, separador de carne e espiñas para produción de pasta de peixe, reactores de 300-500 l configurados para a hidrólise química/encimática controlada, sistemas de separación e purificación de compostos biolóxicos, incluídas centrífugas Tricanter e equipamento de membrana (micro e ultrafiltración) e dispositivos utilizados para a concentración (evaporador ao baleiro) e o secado (liofilizador e secador por atomización). Para máis información, escríbenos un correo electrónico.

  • Patente | Derivados de galatos de alquilo como antioxidantes e surfactantes

    Autoría: Juan Carlos Morales Sánchez, Ricardo Lucas RodrÍguez, Olivia Sánchez Maldonado, Francesc Comelles Folch, José Luis Parra Juez, Isabel Medina Méndez

    A invención relaciónase cun composto derivado dun galato de alquilo e o seu método de produción, así como co seu uso como surfactante e axente oxidante, en particular como parte dunha composición en forma de emulsión. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

     

  • Patente | Procedemento e kit para a identificación das principais especies comerciais de lagostinos e camaróns

    Autoría: Lorena Barros Tajes; Isabel Medina; Igancio Ortea; José Manuel Gallardo

    Procedemento e kit para a identificación das principais especies comerciais de lagostinos e camaróns (orden Decápodos) pertencentes ás familias Penaeidae (Penaeus monodon, Farfantepenaeus notialis, Fenneropenaeus indicus, Fenneropenaeus merguiensis, Litopenaeus vannamei), Solenoceridae (Pleoticus muelleri) e Pandalidae (Pandalus borealis) en produtos e subprodutos frescos, refrixerados, conxelados e/ou procesados. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

     

     

  • Patente | Procedemento para evitar a putridez e a perda de calidade do peixe en produtos frescos e procesados

    Autoría: Isabel Medina; José Manuel Gallardo Abuín; Ana Alonso Pérez; Manuel Pazos Palmeiro; Juan Fernández Bolaños Guzmán; Isabel Sánchez Alonso

    A prevención da putridez do peixe e a perda da súa calidade consiste en reducir a susceptibilidade á oxidación mediante a produción dunha barreira para o osixeno mediante o glaseado e a adición de hidroxitirosol como antioxidante hidrosoluble natural. A técnica tamén é aplicable aos produtos de peixe e crustáceos. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

     

Proxectos activos