Industria alimentaria 4.0
Os métodos tradicionais de procesamento de alimentos están a evolucionar rapidamente para integrar os máis recentes avances na tecnoloxía da información, automatización e control en plantas de produción e ao longo de toda a cadea de subministración, o que se coñece como a industria alimentaria 4.0. A idea subxacente é xerar sinerxías entre todos os elementos dunha cadea de procesamento, dende a produción primaria ata quen consume os produtos, baseadas en datos e en aprendizaxe automática (machine learning) para impulsar melloras na produtividade, calidade e sustentabilidade.
O Instituto de Investigacións Mariñas contribúe a esta revolución coas súas tecnoloxías e enfoques innovadores. O noso persoal investigador e técnico traballa actualmente en sensores e modelos mellorados para produción e trazabilidade. Ao obtermos datos en tempo real sobre o estado dun proceso ou produto, permitimos un meirande e máis flexible control da produción. Tamén engadimos valor a estes produtos alimentarios e alongamos o seu período de conservación.
Ademais, o IIM traballa para desenvolver novas formas de envasado respectuosas co medio ambiente, así como etiquetado interactivo que proporcione unha información máis completa en todos os niveis da cadea de subministración. Por último, explorar novas tecnoloxías e métodos para a posta en valor de produtos de refugo promove unha economía circular, que de novo achega a nosa sociedade a un desenvolvemento completamente sostible.
Un exemplo habitual de integración ao longo de toda a cadea de valor é a trazabilidade. A trazabilidade das materias primas pode aumentar o valor engadido dos produtos alimentarios e previr o fraude alimentario. Ademais, a trazabilidade da contaminación e da calidade tamén garante a seguridade dos alimentos e alonga o período de conservación de moitos produtos. As tecnoloxías de detección e modelaxe contribúen en gran medida a este esforzo ao capturaren datos en tempo real sobre o estado dun proceso ou produto e permitiren así meirande control e flexibilidade á hora de optimizar a produción de forma dinámica.
O sector alimentario tamén demanda sistemas de conservación e envasado respectuosos co medio ambiente, con etiquetado intelixente e interactivo para alongar o período de conservación e responder así ás demandas de quen consumen estes produtos. As persoas consumidoras tamén demandan unha industria alimentaria máis responsable e circular. A posta en valor dos subprodutos da industria do procesamento de alimentos tamén axuda a minimizar o seu impacto ambiental e a crear novas cadeas de valor.
Como podes ver, o Instituto foi acompañando o sector alimentario ao longo desta cuarta revolución de moitos xeitos distintos; a continuación podes ver todas as nosas capacidades e servizos asociados.
Capacidades
- Software | AMIGO2: Advanced Modelling and Identification using Global Optimization (modelaxe e identificación avanzada mediante optimización global), versión 2
AMIGO2 é un kit de ferramentas multiplataforma baseado en MATLAB deseñado para resolver problemas de optimización matemática básicos para a bioloxía de sistemas, dentro do contexto da identificación de modelos paramétricos, a hipótese subxacente ao desenvolvemento de modelos e o control óptimo dos sistemas biolóxicos para acadar o comportamento desexado de forma sintética.
Podes atopar máis información aquí.
- Software | PREMER: inferencia rápida en redes con teoría da información
PREMER (Parallel Reverse Engineering with Mutual information & Entropy Reduction [enxeñaría inversa paralela con información mutua e redución de entropía]) é unha ferramenta de software multiplataforma de código aberto para inferencia de estruturas de redes a partir de datos mediante medidas de teoría da información. É unha ferramenta de uso xeral desenvolvida pensando en redes biolóxicas, pero pódese aplicar a outros campos.
Podes atopar máis información aquí.
- Software | BioPreDyn-bench: paquete de problemas de referencia para modelaxe dinámica en bioloxía de sistemas
BioPreDyn-Bench é un paquete de problemas de referencia para modelaxe dinámica en bioloxía de sistemas. Actualmente contén seis problemas complexos de estimación de parámetros que aspiran a servir de casos de proba de referencia neste eido. Este paquete inclúe modelos cinéticos a media e grande escala de células de E. coli, S. cerevisiae, D. melanogaster, ovario de hámster chinés (CHO) e unha rede de sinalización xenérica. O nivel de descrición inclúe o metabolismo, a transcrición, a transdución de sinais e o desenvolvemento.
Podes atopar máis información aquí.
- Software | MIDER: kit de ferramentas para inferencia en redes mediante distancia de información mutua e redución da entropía
MIDER (distancia de información mutua e redución de entropía) é una ferramenta de software de uso xeral para inferir estruturas de redes. Desenvolveuse pensando en redes biolóxicas, pero pode aplicarse a outros campos.
Podes atopar máis información aquí.
- Software | MEIGO: kit de ferramentas multiplataforma para optimización global mediante metaheurística
MEIGO é un kit de ferramentas para optimización global que inclúe unha serie de métodos metaheurísticos, así como un método de inferencia bayesiana para estimación de parámetros.
Podes atopar máis información aquí.
Proxectos activos
- LIFE REFISH -

Flexible biorefinery to valorise discards and by-products of the European fish and seafood production (REFISH)

Investigador/a Principal:VázquezÁlvarezXosé AntónInstitución financiadora:LIFE Environment (Nature & Circular Economy)Financiamento para o IIM-CSIC:357637€Doao - WASHTOP -

Water Associated Safety Hazards in the Treatment of Produce

Investigador/a Principal:RodríguezGarcíaMíriamInstitución financiadora:European Food Safety Authority (EFSA)Financiamento para o IIM-CSIC:80000€Doao - PESCANDO 4.0 -

Plataforma Blockchain e IoT para garantizar la trazabilidad, seguridad, calidad y sostenibilidad en la cadena de valor de los productos pesqueros

Investigador/a Principal:VilasFernándezCarlosInstitución financiadora:PROYECTO FINANCIADO POR EL PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN Y RESILIENCIA Y LOS FONDOS EUROPEOS NEXT GENERATION EU EN EL MARCO DEL REAL DECRETO 685/2021 DEL 3 DE AGOSTOFinanciamento para o IIM-CSIC:145812€Doao - DTWINE2021 -

Digital Twins to optimize energy efficiency and product quality in WINEries

Investigador/a Principal:BalsaCantoEvaInstitución financiadora:Proyecto PLEC2021-007827 financiado por MCIN/ AEI /10.13039/501100011033 y por la Unión Europea NextGenerationEU/PRTRFinanciamento para o IIM-CSIC:248164€Doao - SEAFOOD-ID -

ANALYTICAL STRATEGIES BASED ON NON-DESTRUCTIVE METHODS AND METAGENOMICS FOR THE CONTROL OF PRODUCTION METHOD AND GEOGRAPHIC ORIGIN

Investigador/a Principal:GonzálezSoteloCarmenPérezMartínRicardo IsaacInstitución financiadora:Proyecto PID2020-118012RB-C21 financiado por MCIN/ AEI /10.13039/501100011033Financiamento para o IIM-CSIC:168000€Doao - Contrato Programa -

AYUDA CONVENIO ENTRE CSIC Y LA AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN -GAIN- PARA EL DESARROLLO DE PROGRAMAS DE I+D+i EN LOS INSTITUTOS DE INVESTIGACIÓN DEL CSIC EN GALICIA Y EN LOS CENTROS OCEANOGRÁFICOS DEL INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (CSIC-IEO). 2021-2022

Investigador/a Principal:SaboridoReyFranInstitución financiadora:Agencia Galega de InnovaciónFinanciamento para o IIM-CSIC:521824€Doao - ANIBLOCK_ANICHAIN -

Investigación sobre párasitos del pescado, principalmente anisakis y otros.

Investigador/a Principal:GonzálezGonzálezÁngel FranciscoInstitución financiadora:MERCADONA SAFinanciamento para o IIM-CSIC:41013€Doao - ResiduoZero_2 -

Residuo Zero: Puesta en marcha de una planta piloto par ala transformación y elaboración de nuevos productos procedentes de la transformación de dorada y lubina Culmárex y en los planes de etiquetado de nuevos Productos.

Investigador/a Principal:MedinaMéndezIsabelInstitución financiadora:Culmarex S.A.Financiamento para o IIM-CSIC:24705€Doao - BBM -

Biotecnología y Bioprocesos Marinos

Investigador/a Principal:GonzálezSoteloCarmenInstitución financiadora:Ayudas cofinanciadas con fondos de la Agencia Gallega de Innovación de la Xunta de GaliciaFinanciamento para o IIM-CSIC:75000€Doao - ARMAS -

Estudio, diseño e implementación de estrategias de Análisis de riesgos para fortalecer las seguridad, calidad y calidez del Rape y la Merluza del Atlántico Sudeste frente a parásitos zoonóticos

Investigador/a Principal:GonzálezGonzálezÁngel FranciscoInstitución financiadora:Mascato SAFinanciamento para o IIM-CSIC:88417€Doao