Xenómica e análises bioinformáticas
O servizo de Xenómica e análises bioinformáticas do IIM-CSIC ten como obxectivo avanzar no coñecemento da transcriptómica e proteómica da resposta inmunitaria de peixes e moluscos fronte a patóxenos.
Ademais, traballamos para identificar xenes que poidan utilizarse como marcadores para procesos de selección xenética e mellorar a resposta inmunitaria mediante o uso de inmunoestimulantes e vacinas. Tamén prestamos apoio ao persoal investigador na análise e interpretación de datos obtidos mediante técnicas experimentais de secuenciación masiva.
Obxectivos e tarefas
Este equipo conta con todo o equipamento e persoal especializado necesario para executar os servizos ofertados, que van dende a asistencia na investigación en bioloxía molecular ás análises bioinformáticas.
Catálogo de servizos
- BIOLOXÍA MOLECULAR
- AMPLIFICACIÓN DE MATERIAL XENÉTICO (qPCR)
- SECUENCIACIÓN DE ÚLTIMA XERACIÓN (NGS)
- ANÁLISE BIOINFORMÁTICA
- SERVIZOS ANALÍTICOS PARA A ANÁLISE DE EXPRESIÓN DIFERENCIAL DE XENES MEDIANTE qPCR
- ENSAMBLAXE DE XENOMAS E TRANSCRIPTOMAS
- ANOTACIÓN, CONTROL DE CALIDADE E FILTRADO DE SECUENCIAS
- CUANTIFICACIÓN DE EXPRESIÓN XÉNICA
- ANÁLISE FILOXENÉTICA