A nosa rede
Respondemos a retos globais, respondemos a problemas locais.
A ciencia é global e comporta traballo en equipo. Mediante a cooperación con distintas institucións e a procura constante de novas colaboracións, o Instituto de Investigacións Mariñas é quen de participar nalgúns dos máis importantes proxectos a nivel mundial ao tempo que xoga un papel activo na promoción da formación e o desenvolvemento profesional no eido das CTEM e sen deixar de lado as súas raíces na cidade de Vigo e no territorio galego.
Honrando o noso lema, gabámonos de poder dicir que respondemos aos retos globais, si, pero tamén aos problemas locais.