Cromatografía e ómica avanzada
O servizo de Cromatografía e ómica avanzada (ACOS) do Instituto é un servizo analítico orientado fundamentalmente a proporcionar análises mediante técnicas cromatográficas de forma transversal a todos os grupos de investigación do IIM-CSIC.
O servizo lévase a cabo utilizando cinco sistemas de HPLC equipados con detectores UV-Vis, fluorescencia, IR, dispersión de luz e espectrofotometría de masas (EM) e as súas capacidades vense ampliadas polo uso doutros catro dispositivos de cromatografía de gases con detección por FID, EM con sistema de purga-trampa e EM en espazo de cabeza.
O servizo recibiu recentemente unha axuda EQUIPA 2021 por parte da Axencia Española de Investigación (AEI) para a adquisición dun espectrómetro de masas tríbrido de alta resolución, que permitirá aumentar as súas capacidades. A partir de 2023, grazas a este novo equipamento, o servizo ACOS poderá levar a cabo determinacións analíticas englobadas dentro das tecnoloxías de proteómica, lipidómica e metabolómica avanzada.
Este servizo pretende tamén expandirse más aló do propio centro, de xeito que o ACOS poida dar servizo a solicitudes da comunidade científica de Galicia, España e o norte de Portugal.
Obxectivos e tarefas
- Levar a cabo o mantemento e axuste dos equipos cromatográficos de uso xeral.
- Levar a cabo distintas determinacións cromatográficas de metabolitos e compostos como metilésteres de ácidos graxos e hidrocarburos mediante cromatografía de gases/masas (GC-MS), nucleótidos e aminas de extractos ácidos de produtos pesqueiros mediante HPLC, polisacáridos e compostos obtidos da recuperación de subprodutos da pesca mediante HPLC con detección IR, dispersión de luz, etc.
- Prestar apoio aos grupos que o soliciten na determinación de compostos mediante técnicas cromatográficas.
Equipo
-
Ana MaríaGarcíaBlancoSoporte técnico e estratéxicoanagarci@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438504
-
BeatrizGonzálezPérezPersoal técnico de apoiobgpe@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438593
-
CésarGonzálezTarríoPersoal técnico de apoiocgonzalez@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438655
-
CarmenPiñeiroGonzalezSoporte técnico e estratéxicocpineiro@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438505
-
JesúsValcárcelBarrosPersoal técnico de apoiojvalcarcel@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438475