Biblioteca
Organizar o coñecemento científico para facelo accesible a todo o mundo é unha tarefa complexa que require de profesionais con extensa formación e amplo coñecemento.
O Servizo de Biblioteca do Instituto de Investigacións Mariñas é o equipo responsable destas tarefas. O servizo funciona coma unha biblioteca de acceso público cun amplo catálogo de publicacións, tanto en papel como en formato dixital, que están doadamente accesibles grazas ao seu catálogo dixital.
Catálogo dixital e biblioteca virtual
Tamén podes acceder ao repositorio aberto do CSIC (Digital.CSIC), unha fonte de publicacións de acceso aberto para calquera persoa externa ao centro.
Digital.CSIC | Repositorio de acceso aberto
A colección do Instituto abrangue varios títulos centrados nos intereses de investigación do IIM, tales como Oceanografía, Pesquerías, Acuicultura, Ecoloxía mariña ou Química e tecnoloxía dos produtos do mar, así como imaxes e publicacións que serven de arquivo do pasado histórico e científico do IIM.
Ademais da tarefa de conservación da colección, o persoal do servizo de Biblioteca garante o acceso á información e á documentación precisa para levar a cabo os estudos, a docencia, a investigación e o coñecemento das diversas disciplinas científicas relacionadas co eido da investigación mariña.
Tamén prestan apoio ao persoal de investigación e ao persoal técnico á hora de actualizar as súas publicacións e perfís científicos en diversas bases de datos, tanto internas (ConCiencia, Digital.CSIC, etc.) como externas (WoS, Scopus, etc.) e facilitan o acceso a programas que fomentan o acceso aberto á información, seguindo o Mandato Institucional de Acceso Aberto e grazas ao apoio do Programa de Apoio á Publicación en Acceso Aberto do CSIC.
Se formas parte do persoal do IIM-CSIC, consulta o catálogo completo de servizos na Intranet do IIM.