SICIM: Instrumentación Científica e Calidade
O servizo de Instrumentación Científica e Calidade do IIM (SICIM) é responsable do mantemento e vixilancia do bo uso do instrumental e instalacións de uso común do centro, incluídos instrumentos científicos como autoclaves, centrífugas, liofilizadores, criodeshidratadores, muflas, manexo de gases analíticos, etc.
Este servizo é tamén responsable de xerar procedementos e protocolos para sistemas de alta calidade, dar formación a persoas usuarias destes equipos, mercar equipamento de uso xeral e xestionar o inventario.
Obxectivos e tarefas
O equipo de traballo do SICIM colabora coas distintas áreas de investigación do IIM-CSIC mediante o desenvolvemento, axuste e mantemento do equipamento e das técnicas que contribúen aos distintos eidos de investigación, ás metodoloxías usadas e á divulgación científica.
Entre as tarefas máis importantes levadas a cabo polo SICIM, destacan as seguintes:
- Calidade no IIM
- Elaboración de protocolos de uso xeral
- Creación de cadernos de laboratorio
- Asistencia a grupos
- Servizos de xestión de instrumentos e instalacións de uso xeral
- Autoclaves
- Muflas
- Subministro de auga destilada e ultrafiltrada
- Instalación do subministro xeral de líquidos e gases crioxénicos
- Salas de almacenaxe en frío e conxeladores de uso xeral
- Equipos de liofilización
- Equipamento de ultraconxelación e almacenaxe de mostras
- Etiquetaxe e xestión de novo material
- Xestión de residuos perigosos
- Servizo de asesoramento
- Posta a punto de técnicas analíticas
- Compra de material: canalización de información comercial
- Localización de material e reactivos de laboratorio de uso compartido
- Formación do persoal
Equipo
-
Ana MaríaGarcíaBlancoSoporte técnico e estratéxicoanagarci@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438504
-
CésarGonzálezTarríoPersoal técnico de apoiocgonzalez@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438655
-
CarmenPiñeiroGonzalezSoporte técnico e estratéxicocpineiro@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438505
-
JesúsValcárcelBarrosPersoal técnico de apoiojvalcarcel@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438475