Traballo e estudo
O noso persoal técnico de laboratorio ou con licenciaturas en Ciencias do Mar, Bioloxía, Química e Enxeñaría, pero tamén en Economía, Dereito ou Comunicacións (tanto persoal empregado como en formación) contribúe ao carácter multidisciplinario do noso centro. Con máis de 200 persoas traballando nel, o IIM-CSIC é unha gran comunidade de persoas que colaboran no nome da ciencia, o coñecemento e a sostibilidade.
Situado nun dos principais núcleos de investigación mariña en Europa, dende o noso centro poderás colaborar con outras institucións dedicadas ao mar, ampliando así as túas relacións profesionais grazas a redes como o Campus do Mar ou o propio Consello Superior de Investigacións Científicas, nunha contorna rodeada por unha cidade na que o océano é protagonista.
Queres traballar connosco? Tanto se estás a comezar a túa carreira como se xa tes algo de experiencia ás túas costas, no IIM poderás desenvolver a túa traxectoria traballando xunto a un diverso e estimulante grupo de persoas cun obxectivo común. Consulta as nosas ofertas dispoñibles!
Ven a Vigo e aprende de profesionais con alta cualificación! No IIM, entendemos que todas as carreiras teñen un punto de partida, así que nos esforzamos por facer que o noso centro sexa un lugar acolledor no que traballar e establecer relacións. Tes diversas oportunidades de te inscribir para facer unha estancia connosco, sexa como experiencia formativa ou para desenvolveres o teu Traballo de Fin de Grao ou de Mestrado.