Comité de Igualdade e Diversidade
Como persoas dedicadas a investigarmos o mundo que nos rodea, no IIM-CSIC coñecemos ben a diversidade que se dá na natureza e sabemos que a comunidade científica non é unha excepción.
Por este motivo xurde o Comité de Igualdade e Diversidade, un equipo que trata de aplicar medidas que axuden a resolver conflitos e fagan patentes os problemas relacionados coa discriminación por xénero, raza ou diversidade afectivo-sexual na ciencia.
O grupo de traballo esfórzase por evitar estes comportamentos e facilitar información ao respecto. Traballa desenvolvendo protocolos e implantándoos no noso centro, creando así un espazo seguro e aberto para todas as persoas que traballan aquí facendo ciencia (persoal técnico, investigador e de todo o resto de áreas).
O comité está establecido como un dos Comités de Igualdade dos ICUs do CSIC e busca aliñar o Instituto cos programas e obxectivos internacionais e estatais en materia de igualdade e diversidade. Isto inclúe os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, como o ODS-5: Igualdade de xénero, os obxectivos marcados polo Espazo Europeo de Investigación (ERA) e pola Comisión Europea para todo o espazo europeo de investigación e innovación e os mandatos legais que nos marca a lexislación española en materia de igualdade e protección e inclusión da diversidade.
O equipo de igualdade e diversidade do IIM traballa seguindo a estela e procurando a coordinación con outras entidades; especialmente forte é a relación interna coa Unidade de Cultura Científica (UCC+I) e a Biblioteca do IIM, sobre todo nas tarefas de visibilización e información. Tamén dentro do CSIC contamos con estreitos lazos con outros comités, como o Comité Mulleres e Ciencia do CSIC e, de cara ao exteriror, con asociacións afíns como PRISMA - Asociación para la Diversidad Afectivo-Sexual y de Género en Ciencia, Tecnología e Innovación e iniciativas con ampla traxectoria como a Iniciativa 11F ou Oceánicas, desenvolvida polo IEO-CSIC.
Lembra que sempre podes recorrer a estes 2 teléfonos de atención especializada. O 016 - Contra a Violencia contra as Mulleres e o 028 - Contra a LGBTIfobia.
Se te sintes vítima de acoso, contacta con protocolo.acosos@csic.es.
O Protocolo de Prevención e Interevención contra o Acoso Sexual e por Razón de Sexo é un documento esencial para consultar os procedementos necesarios en caso de que sintas que es vítima de acoso.
Publicado en 2024 pola Presidencia do CSIC. Dispoñible en castelán e inglés.
O mundo da ciencia e da tecnoloxía non é completamente obxectivo. O persoal que o leva a cabo ten nesgos de xénero, como calquera outro membro da nosa sociedade. É importante contar con recursos para poder deixar fóra da actividade investigadora estes prexuízos.
Publicado polo CSIC. Dispoñible en castelán.
Consulta aquí o III Plan de Igualdade do CSIC, que enmarca todas as actuacións que leva a cabo o Comité do IIM en materia de Igualdade e Diversidade.
Publicado polo CSIC. Dispoñible en castelán e inglés.
O persoal do IIM pode atopar máis recursos na Intranet do centro ou poñerse en contacto co Comité persoalmente ou no correo electrónico igualdadiim@iim.csic.es.
Máis recursos e información actualizada tamén na intranet xeral do CSIC.
O Comité quere actuar como un espazo seguro para todo o persoal do IIM. Se tes algún problema ou dúbida, podes poñerte en contacto connosco por correo electrónico (igualdadiim@iim.csic.es) ou falar cos membros individuais do Comité, que podes atopar a continuación
O Protocolo de Prevención do Acoso establece como punto de contacto nestes casos o correo electrónico protocolo.acosos@csic.es. O correo será atendido dende a Organización Central do CSIC en Madrid. Non atures o que non tes que aturar.
Lembra que sempre podes recorrer a estes 2 teléfonos de atención especializada. O 016 - Contra a Violencia contra as Mulleres e o 028 - Contra a LGBTIfobia.