AQUANITROMET: Análise de gases de efecto invernadoiro en augas naturais
O servizo Análise de gases de efecto invernadoiro en augas naturais (AQUANITROMET) está orientado a persoal investigador, empresas e outras institucións nacionais e internacionais interesadas en determinar as concentracións de óxido nitroso (N2O) e metano (CH4) en augas naturais, con especial énfase en augas mariñas.
Todo o noso equipamento validouse en diversos exercicios intercomparativos internacionais organizados polo Scientific Committee on Oceanic Research (Comité Científico de Investigacións Oceánicas) (WG # 143), un grupo experto especializado na medición do N2O e do CH4. Tamén cumpre con varias normas de calibración gaseosa certificadas pola NOAA.
Obxectivos e tarefas
- Levar a cabo o mantemento global do equipamento cromatográfico.
- Dar formación, apoio técnico e información aos equipos científicos que o soliciten.
- Análise de mostras.
Catálogo de servizos
- Análise de óxido nitroso (N2O) e metano (CH4).