PEACHESEA: Análise de acidificación oceánica
O servizo de Análise de acidificación oceánica (PEACHESEA) está orientado ás empresas, en particular as do sector acuícola, así como a persoal investigador e a outras institucións nacionais e internacionais interesadas en vixiar as condicións de acidificación en augas naturais, en especial na auga de mar.
Tanto a metodoloxía como a precisión e exactitude das determinacións levadas a cabo por este servizo validáronse en exercicios intercomparativos internacionais organizados polo laboratorio de referencia para este tipo de análises, o Marine Physical Laboratory (Scripps Institution of Oceanography, Universidad de California, San Diego), que á súa vez é quen fabrica e distribúe os patróns de calibración certificados en todo o mundo.
O Proxecto de Análise de Datos Oceánicos Globais (Global Ocean Data Analysis Project, GLODAP) tamén validou os niveis de precisión e exactitude obtidos polo equipo responsable deste servizo mediante numerosas campañas nacionais e internacionais.
Obxectivos e tarefas
Foi concibido para ofrecer un servizo completo de observación da acidificación oceánica. Deste xeito, ademais dos servizos analíticos, ofrécense servizos integrais de observación medioambiental, dende o asesoramento e a mobilización e manexo de instrumental de observación ata a realización de experimentos de laboratorio en ambientes controlados.
Catálogo de servizos
- ANÁLISE DE ALCALINIDADE EN AUGA MARIÑA
- ANÁLISE DE pH POR ESPECTROFOTOMETRÍA EN AUGA MARIÑA
- OBSERVACIÓN DO pH EN SISTEMAS ACUÁTICOS
- EXPERIMENTOS DE SIMULACIÓN DE ESCENARIOS MEDIOAMBIENTAIS EN LABORATORIO
- AVALIACIÓN XERAL E PERSONALIZADA