🌏 Sabías que o océano alimenta millóns de persoas, acolle a biodiversidade máis rica e produce a metade do noso osíxeno?

No Instituto de Investigacions Mariñas de Vigo coñecemos a importancia e necesidade de coidar e protexer os nosos recursos mariños todos os días do ano. Guiados polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, traballamos xunto coa comunidade, creando vínculos coa industria, promovendo a cultura oceánica e axudando ao noso medio ambiente.

Porén, o Día Mundial dos Océanos sérvenos para poñer en evidencia a importancia do océano e o seu estudo. Reivindicar ciencia mariña de calidade e animar a toda a sociedade a achegarse a esta gran masa de auga que máis nos une que nos separa. Acompáñanos nesta celebración!


Ás 12h | VULNERABLES

vulnerables

🗺️ Centro Social de Bouzas (Rúa Eduardo Cabello, 53)

🗓️ 8 de xuño | ⏰ 12h

👩‍🦳👩‍🦰👨‍🦳👨‍🦰 Recomendable para público adulto

Aforo limitado. Inscrición a través do Centro Sociocultural de Bouzas / c.b.s.bouzas@xunta.es / 886110935

Que é ser "vulnerable"? A investigadora do grupo de Ecoloxía e Recursos Mariños do IIM-CSIC, Natalia Petit, fará unha pequena introdución a este concepto e ao seu significado, seguida dunha identificación de ecosistemas e especies vulnerables nos medios mariños, así como unha explicación de por que se consideran vulnerables.

Dende o Centro Sociocultural de Bouzas, ao mediodía do Día Mundial do Océano, a investigadora tamén abrirá un espazo de reflexión sobre o traballo da ciencia, das administracións e da cidadanía para reverter este estado de vulnerabilidade.

Actividade impartida por Natalia Petit e organizada por Susi Piñeiro (Unidade de Cultura Científica IIM-CSIC), en colaboración co Centro Sociocultural de Bouzas. Entrada gratuíta sen reserva previa!

+ info


Ás 18h | Ciencia Mergullada no Museo 

Ciencia mergullada

INSCRICIÓN

ENTRADAS DISPOÑIBLES A PARTIR DO 2 DE XUÑO, ÁS 17 HORAS

🗺️ No Museo do Mar de Galicia (Avda. da Atlántida, 160)

🗓️ 8 de xuño | ⏰ 18:00h

👪 Actividade para maiores de 14 anos. Aforo limitado, incrición a través de Eventbrite.

Grazas ao uso duns lentes de realidade virtual, mergulla na ría de Vigo xunto o persoal do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC (IIM-CSIC) para descubrir ás investigacións que realizan dende o fondo do mar. Todo con imaxes gravadas pola Sociedade Cooperativa 13GRADOS e o noso compañeiro da UMO, Manuel García Blanco, durante as súas saídas de campaña. Ademais, contaremos cunha serie de equipos de investigación do IIM que darán conta da súa experiencia traballando baixo a superficie.

Esta actividade está organizada pola UCC+I e pola UMO do IIM-CSIC, e conta coa colaboración dos grupos de Ecoloxía e Recursos Mariños e Procesos Oceánicos no Cambio Global ademáis da Sociedade Cooperativa 13 Grados e o Museo do Mar de Galicia.

+ info

More