Visitas ao IIM | Colexio Nuestra Señora de la Esperanza
Este mes de xaneiro tivemos o pracer de recibir os alumnos e alumnas de 4º da ESO do Colexio Nuestra Señora de la Esperanza (Vigo).

Despois da benvida e presentación do traballo realizado no IIM-CSIC pola UCC+I do centro, o estudantado tivo a oportunidade de coñecer o noso servizo de Acuarios.
Nesta ocasión, ademais, o grupo de Inmunoloxía e Xenómica, con Raquel Aranguren e Alejandro Romero, amoulles o traballo do seu equipo de investigación.
Tamén compartiron tempo co servizo do SEMAIM: Microscopia óptica e análise de imaxe, onde a compañeira Laura Gómez Montoto amosou diferentes tipos de tecnoloxías, como o microscopio por folla de luz (LightSheet)
Moitas grazas por vir!