O vindeiro luns, 13 de marzo, ás 12 horas (CET - Vigo) no Salón de Actos do Instituto de Investigación Mariñas (duración aprox. 45 min) os investigadores Ricardo Vieira Rodrigues e Ronaldo O. Cavalli (Universidade Federal do Rio Grande, Brasil) impartirán unha conferencia co obxectivo de establecer colaboracións en acuicultura, toxicoloxía e áreas relacionadas coas investigaciones do IIM, IEO e Universidade de Vigo.

Tras a presentación, terá lugar unha sesión de preguntas e respostas na que os investigadores visitantes poderán ampliar información sobre outras liñas de investigación da FURG no ámbito da bioloxía e ecoloxía mariña.

A charla levará por título: "Posibilidades de colaboración en Acuicultura: Panorama e perspectivas da Universidade Federal do Rio Grande (FURG, Brasil)".

Profesor Ricardo Vieira Rodrigues

Perfil do poñente

Biólogo licenciado e graduado e doutor en Acuicultura pola Universidade Federal do Rio Grande (FURG). Actualmente é profesor da Universidade Federal do Río Grande (FURG) e profesor do Programa de Posgrao en Acuicultura da FURG.

Membro da Sociedade Brasileira de Acuicultura e Bioloxía Acuática (AQUABIO) e da Sociedade Mundial de Acuicultura (WAS) - Capítulo de América Latina e o Caribe. Ten experiencia na área de Acuicultura e traballa nas liñas de investigación de Piscicultura Mariña, produción de zooplancto, calidade da auga aplicada á acuicultura e sistemas de produción acuícola con énfase nos sistemas de recirculación de auga. Conta cunha bolsa de produtividade investigadora do CNPq - nivel 2. É columnista no ámbito da piscicultura mariña da revista Aquaculture Brasil. Forma parte da rede Iberoamericana LARVAplus (mellora na produción de larvas e xuvenís de peixes) financiada polo CYTED, España.

Profesor Ronaldo O. Cavalli

Perfil do poñente

Licenciado en Agronomía pola Universidade Federal do Rio Grande do Sul - UFRGS, Porto Alegre, RS (1987), Máster en Recursos Naturais Renovables - Universidade de Mie, Xapón (1990), e Doutor en Ciencias Biolóxicas Aplicadas - Acuicultura pola Universidade de Gante , Bélxica (2000).

De 2007 a 2017 foi profesor de Maricultura na Universidade Federal Rural de Pernambuco (UFRPE). Actualmente é Profesor Titular do Instituto de Oceanografía de FURG, Rio Grande, RS, onde traballa como profesor-asesor do Programa de Posgrao en Acuicultura. Ten experiencia en acuicultura, principalmente en bioloxía e tecnoloxía para a creación de especies mariñas. Máis recentemente, dedicouse á acuicultura de bivalvos mariños.

Reunións co persoal investigador interesado

Os investigadores visitantes de FURG desexan realizar reunións por separado con investigadores da comunidade científica de Vigo. Rógase aos interesados que se poñan en contacto canto antes con Miquel Planas (mplanas@iim.csic) co fin de organizar a axenda das reunións.

More