Xornada de Portas Abertas | #SCT24
O Instituto de Investigacións Mariñas celebra a Semana da Ciencia. Visítanos o 21 de novembro e descubre o noso traballo en investigación mariña. 👨👨👧👧 Maiores de 6 anos (acompañados de un adulto).
(A reserva estará dispoñible a partir do día 11 ás 14:00 h)
O Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) convida a toda a cidadanía a celebrar a Semana da Ciencia e a Tecnoloxía con nós nunha Xornada de Portas Abertas que terá lugar o xoves 21 de novembro de 2024. Contaremos con visitas guiadas que se realizarán en diferentes quendas entre as 10:00 e as 19:00 horas. Escolle o horario que mellor che conveña!
Durante o evento, as persoas asistentes terán a oportunidade única de visitar os nosos laboratorios, corredores, acuarios e demais espazos, achegándose ao noso traballo no campo da investigación mariña. A través de visitas guiadas de aproximadamente 90 minutos, o noso equipo de persoas científicas e técnicas mostrará algunhas das investigacións que se levan a cabo no noso centro. Tamén haberá demostracións prácticas realizadas polo noso persoal.
Convida á familia e amigos para vivir unha xornada diferente!
Axenda
10:00 - 11:30
Visita xeral conta con interpretación LSE!
11:30 - 13:00
Esta visita NON conta con interpretación LSE! .
13:00 - 14:30
Esta visita NON conta con interpretación LSE! .
16:00 - 17:30
Esta visita conta con interpretación LSE!
17:30 - 19:00
Esta visita NON conta con interpretación LSE!
Detalles importantes para a visita e recomendacións.
- Calzado: É recomendable traer calzado cómodo e non delicado, xa que, por motivos de seguridade, será preciso pasar por pediluvios de desinfección ao acceder a certas áreas do centro.
- Accesibilidade: As visitas das 10:00 - 11:30 e das16:00 - 17:30 horas contarán con interpretación en Lingua de Signos Española (LSE). Por favor, indícase no formulario de inscrición se precisas este servizo.
- Limitacións de mobilidade: Por mor das características dalgúns espazos, lamentablemente non poderemos facilitar o acceso a persoas en cadeira de rodas.
Puntualidade e rexistro de asistencia
O IIM-CSIC é un centro de investigación en activo, polo que é esencial respectar a puntualidade para evitar interferencias co traballo dos equipos de investigación. Recomendamos presentarse na entrada do Instituto uns 5 minutos antes do comezo da visita. No caso de que alguén non se presente ao comezo da súa quenda, entenderase que cede o seu lugar, que poderá ser ocupado por outra persoa interesada.
Rexistro e condicións de imaxe
Para preservar a confidencialidade e o ambiente de traballo, non se permitirá a toma de fotografías por parte das persoas asistentes. A organización si realizará fotos e vídeos durante o evento, e a asistencia implica a cesión dos dereitos de imaxe ao Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) para o seu uso en comunicacións internas e externas.
Non perdas esta oportunidade de coñecer de preto o noso traballo e celebrar con nós a Semana da Ciencia e a Tecnoloxía!