Área de Programación Científica
A área de Programación Científica encárgase de xestionar os aspectos non científicos dos proxectos e contratos de investigación e innovación subscritos polo noso persoal investigador e que dependen da Xerencia do centro.
O obxectivo deste servizo de programación é xestionar os gastos relacionados cos proxectos e contratos de investigación e axudar o persoal investigador a presentarse a convocatorias ofertadas polas diversas administracións e entidades públicas ou privadas.
Responsabilidades principais
- Informar, asesorar a facer seguimento de convocatorias públicas e privadas para financiamento da investigación: proxectos e contratos.
- Prestar apoio na preparación e presentación de propostas de proxectos ou contratos.
- Tramitar os anuncios de resolución das convocatorias e asesorar canto á súa aceptación.
- Procesar as solicitudes de "Accións especiais".
- Procesar as solicitudes de "Recursos adicionais" (produtividade de proxectos e contratos de investigación).
- Xestionar os custos imputables a proxectos e contratos.
- Elaborar informes para xustificar os gastos.
- Xestionar as propostas de reembolso de proxectos.
- Comunicarse cos organismos organizadores ou financiadores.