Área de Bens e Adquisicións
A área de Bens e Adquisicións consta de persoal da Área de Xestión Económica e do Almacén do Instituto. O noso Almacén consiste nunha oficina e catro salas adxacentes para a almacenaxe de material funxible. No almacén, ademais de produtos para o seu uso en investigación, almacénase material de oficina e de limpeza e disponse tamén de servizos como fotocopiadora, encadernadora e impresora de pósters.
O Almacén é responsable da compra, recepción, xestión e almacenaxe dos bens adquiridos polo persoal do IIM para levar a cabo as súas actividades diarias. Grazas ao traballo desta área, redáctanse contratos e acordos, publícanse solicitudes para a adquisición de equipamento para o centro e rexístrase o material de inventario no noso listado de recursos. Procésase tamén aquí calquera perda ou modificación de bens, así como as compras centralizadas por parte da Administración Xeral do Estado.
Responsabilidades principais
- Adquisición de materiais de uso diario para o mantemento, limpeza e bo funcionamento do IIM, así como para almacenar existencias adicionais destes artigos.
- Recepción, xestión e contabilidade de diversos tipos de bens adquiridos polo persoal do centro.
- Asignación dun número de orde de compra a cada compra individual.
- Xestión da compra centralizada de bens.
- Xestión decontratos de subministro e servizo.
- Xestión das adquisicións, perdas e modificacións dos recursos do Instituto.