Aceptación e coñecemento da teoría da evolución en estudantes e profesores do Ecuador
Os Encontros Espresso do IIM volven neste 2024! Inaguramos con Emilio Rolán Álvarez, catedrático de Xenética na Universidade de Vigo.
(enlace dispoñible no día da transmisión)
Os “Encontros Espresso" son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo, experiencias e resultados.
Son eventos pensados especialmente para o noso persoal, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming.
Este novo formato celebrarase cada dúas semanas, ás 10:00 horas no Salón de Actos do IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía ("Espresso") para favorecer o bo fluír da comunicación.
Inaguramos os nosos primeiros Encontros Espresso deste 2024 coa visita do Catedrático de Xenética na Universidad de Vigo, Emilio Rolán.
Aceptación e coñecemento da teoría da evolución en estudantes e profesores do Ecuador
A teoría da evolución é unha das teorías máis influentes no conxunto de coñecementos que describe a nosa civilización e, con todo, é unha das teorías máis disputadas en moitos países por diversos grupos sociais.
As causas que explican a dificultade para aceptar dita teoría son multifactoriales, e son fonte de discusión dende hai anos, e entre elas están:
1. Escaso coñecemento sobre o funcionamento da ciencia,
2. Escaso coñecemento sobre o funcionamento da teoría evolutiva,
3. Forte actitude antievolucionista dalgunhas relixións.
Un grupo de profesores españois e ecuatorianos desenvolveu unha enquisa voluntaria en liña, que foi distribuída a centos de estudantes e profesores de Ecuador para tratar de describir o grao de aceptación e coñecemento da devandita teoría.
Os resultados demostran unha aceptación moderada e un baixo coñecemento da teoría evolutiva. Os estudantes presentan un lixeiro aumento da aceptación en comparación co profesorado, e os profesores tamén presentan unha menor aceptación na rexión do Ecuador onde hai versións de crenzas máis antievolutivas.
Emilio Rolán Álvarez
É profesor de Xenética na Universidade de Vigo dende 2010. A súa investigación centrouse no estudo da adaptación, selección sexual e especiación en procesos microevolutivos utilizando caracois mariños do xénero Littorina como animais modelo, mediante estudos experimentais, xenéticos e de simulación. Tamén publicou varias revisións en campos relacionados, como a especiación simpátrida en L. saxatilis, estudos evolutivos en Littorina, evolución da cor en gasterópodos e uso da proteómica como ferramenta evolutiva.
Traballou no desenvolvemento de novas ferramentas estatísticas destinadas a medir a selección sexual e illamento sexual, ou para revisar as probabilidades de tests estatísticos baixo múltiples probas.
Recentemente, orientou o seu interese cara ao impacto da teoría evolutiva na educación, que se reflicte no seu traballo publicado en PLosOne (https://doi.org/10.1371/journal.pone.0238345). Ademáis, desenvolvemos unha páxina web coa finalidade de difundir a teoría evolutiva en castelán (http://evolucion.webs7.uvigo). gl/index.html).