Contratos formativos para técnicas/os superiores | Empleo Joven 2024 (FSE+)
O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo (IIM-CSIC) ofrece 2 contratos formativos dun ano relacionados coa xestión da ciencia, dentro do programa Empleo Joven 2024 (FSE+) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
A candidata ou candidato deberá ter menos de 30 anos no momento de inicio do contrato, previsto para o derradeiro trimestre de 2024. Ademais, deberán contar coa titulación de Técnica/o Superior en Administración e Finanzas, requirida para ambos contratos.
A xornada laboral será de 37.5 horas semanais, de luns a venres, e o salario será o correspondente ao grupo M1 segundo o IV Convenio Único da Administración Xeral do Estado (CUAGE) correspondente, actualmente, a 21.305'34€ brutos ao ano. Os contratos están cofinanciados pola Unión Europea.
É necesario contar coa titulación requirida en cada un dos contratos. Ademais, deberanse considerar todas as condicións específicas da convocatoria, recollidas na documentación presente na Sede Virtual do CSIC.
Por que o IIM?
O Instituto pertence ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas, a maior organización de investigación pública de España, a terceira de Europa e a sétima do mundo. O IIM-CSIC é un dos institutos líderes en investigación mariña en España, cunha actividade diversa e unidades estratéxicas propias de Internacionalización, Transferencia e Cultura Científica. Con sede na cidade de Vigo, ofrecemos unha contorna de investigación dinámica que impulsa a carreira do noso persoal, ampliando as súas redes de colaboración e aumentando o seu impacto real na sociedade.
Un proxecto para impulsar a túa carreira!
O IIM-CSIC, como institución mariña dedicada á procura de coñecemento para o desenvolvemento sostible, realiza unha investigación multidisciplinar, respondendo aos retos globais e ás problemáticas locais, para permitir unha comprensión integral dos ecosistemas mariños.
En canto á convocatoria de Empleo Joven 2024 (FSE+), ofértanse 2 contratos formativos:
Referencia: EMPJOV24_IIM_3G_ B_132
Titulación requirida: Técnica/o Superior en Administración e Finanzas
Descrición completa das tarefas a realizar: Xestión de recursos humanos, formalización de contratos, convocatorias, seguridade social, apoio a dirección e xerencia, xustificación de subvencións.
Referencia: EMPJOV24_IIM_3G_ B_133
Titulación requirida: Técnica/o Superior en Administración e Finanzas
Descrición completa das tarefas a realizar: Xestión de pedidos, relación con provedores e rexistro de facturas en Sorolla e Filemaker.
Para poder solicitar un destes contratos deberá seguirse o procedemento descrito na convocatoria que se levará a cabo a través da Sede Virtual do CSIC.
A data límite para postularse é o 31 de xullo de 2024.