PTAs 2022 | I+D+I Contratos para Persoal Técnico de Apoio
O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo (IIM-CSIC) ofrece 1 tema de investigación para solicitar as Axudas para Contratos de Persoal Técnico de Apoio (PTA) 2022 da Axencia Estatal de Investigación (AEI).
Trátase de contratos de 3 anos de duración para persoas con estudos superiores no marco da formación profesional (FP) ou unha titulación universitaria (Grao, Licenciatura, etc.), para dar apoio á xestión de equipamentos, instalacións e outras infraestruturas de I+D+i, e así aumentar e mellorar o rendemento de institucións científico-técnicas como a nosa.
Ademais do tema específico que ofrecemos para solicitar connosco estes contratos, invitámosvos a explorar o noso sitio web para atopar outros grupos de investigación e servizos que poidan adaptarse mellor á túa experiencia, e contactar directamente cos potenciais supervisores para compartir as túas ideas.
Por que o IIM?
O instituto pertence ao Consello Superior de Investigacións Científicas, a maior organización de investigación de España, a terceira en Europa e a sétima no mundo.
O IIM-CSIC é un dos centros de investigación mariña máis relevantes de España, cunha actividade investigadora diversa e unidades transversais de Internacionalización e Cultura Científica. No IIM-CSIC cultivamos un ambiente de investigación participativo para promover a carreira profesional do noso persoal, ampliar as súas redes de colaboración e aumentar o seu impacto na sociedade.
Grandes oportunidades para impulsar a túa carreira
O IIM-CSIC, como institución mariña dedicada á procura de coñecemento para o desenvolvemento sostible, realiza unha investigación multidisciplinar, respondendo aos retos globais e ás problemáticas locais, para permitir unha comprensión integral dos ecosistemas mariños.
O persoal de apoio técnico é fundamental para os avances científicos do centro, e no que se refire á convocatoria PTA 2022, o seguinte servizo do centro mostrouse interesado no programa e na actualidade busca unha persoa interesada en solicitar a incorporación ao equipo do IIM. Consulta todos os detalles aquí.
Persoas á cargo
Supervisores: Laura Casas (lauracasas@iim.csic.es) | Fran Saborido (fran@iim.csic.es) | Servizo de Historia Vital
O Servizo de Historia Vital (SHV) do IIM-CSIC reúne o equipamento e o persoal necesario para analizar diferentes parámetros do ciclo vital dos peixes e outros organismos mariños. Estrutúrase en torno a sete áreas: (1) Histoloxía, (2) Parámetros reprodutivos, (3) Esclerocronoloxía, (4) Análise de imaxes, (5) Bioenerxética, (6) Ecoloxía espacial con telemetría acústica, (7) Ecoloxía molecular.
O SHV búsca Técnico/a de Grao Superior en disciplinas relacionadas coa Bioloxía Molecular, entre elas CFGS en Laboratorio Clínico e Biomédico ou Anatomía Patolóxica, para reforzar a área de Ecoloxía Molecular.
Requerimentos
- Estudos superiores no marco da formación profesional (FP) ou unha titulación universitaria (Grao, Licenciatura, etc.) en disciplinas relacionadas coa Bioloxía Molecular, entre elas CFGS en Laboratorio Clínico e Biomédico ou Anatomía Patolóxica.
Valoraráse
- Experiencia previa acreditada en técnicas de bioloxía molecular, especialmente na preparación de bibliotecas para a secuenciación de alto rendemento (HTS), con capacidade de traballo en equipo e excelentes habilidades organizativas.
Contacta cas persoas responsables da oferta detallada anteriormente anexando o teu CV para iniciar o proceso de solicitude.
Ten en conta que unha vez que te poñas en contacto e, no caso de ser seleccionado/a, ti e as persoas responsables da oferta teredes que discutir, redactar e completar unha solicitude conxunta para a Axencia Estatal de Investigación antes do 9 de febreiro.
Por iso é moi importante que te poñas en contacto cos responsables canto antes, e sempre antes do 8 de febreiro (Vigo - UTC +1).