Capacidades e produtos de innovación
- Software | GOVOCITOS
Govocitos é un software libre de análise de imaxe que permite a determinación doada e precisa de parámetros reprodutivos en peixes a partir de imaxes histolóxicas. Aínda que se deseñou para a estimación da fertilidade en peixes, as súas aplicacións son ampliables a outros problemas de reconto, medida e clasificación (p. ex., reconto de pole, oncoloxía e citoloxía, etc.).
Podes atopar máis información aquí.
- Capacidades | Novas tecnoloxías para a detección rápida de patóxenos en produtos da pesca e da acuicultura
Desenvolvemento de técnicas de espectroscopia de masas para a identificación e cuantificación rápida de parasitos en produtos do mar, así como de técnicas de proteómica para identificar microorganismos patóxenos, parasitos de peixes e proteínas alerxénicas.
- Capacidades | Avaliación de ameazas e puntos de control críticos nas cadeas de valor dos produtos do mar
Avaliación e desenvolvemento de protocolos para identificar os puntos e produtos máis problemáticos canto á contaminación microbiolóxica e infestación parasitaria ao longo da cadea de valor dos produtos do mar.
- Capacidades | Desenvolvemento de ferramentas de xestión e toma de decisións baseadas en modelaxe e simulación de escenariosProtección costeira e medioambiental Ordenación do espazo marítimo Servizos ecosistémicos e gobernación de ecosistemas Acuicultura Pesquerías
Desenvolvemento de ferramentas específicas para espazos concretos que permitan a avaliación, xestión e toma de decisións baseada na modelaxe dos impactos de escenarios ambientais actuais e posibles escenarios futuros (contaminación, cambio climático, etc.) sobre as condicións oceanográficas, a distribución da biodiversidade, a resposta fisiolóxica ou o desempeño das pesquerías e a acuicultura.
- Capacidades | Desenvolvemento de sistemas de acuicultura multitrófica integrada
Optimización de sistemas de cultivo multitrófico en infraestruturas de acuicultura abertas e pechadas, dende os sistemas de recirculación en acuicultura de peixes e macroalgas, con especial interese no efecto dos microbiomas resultantes sobre o benestar animal, ata o axuste de sistemas de acuicultura de múltiples especies de baixo nivel trófico no océano.
- Capacidades | Desenvolvemento e optimización de sistemas de acuicultura para especies de cultivo tradicionais e novas
Desenvolvemento de técnicas de cultivo integradas para novas especies de acuicultura, así como optimización das especies tradicionais baseada en diferentes enfoques (é dicir, fases iniciais do desenvolvemento, manipulación, alimentación, enfermidades e resposta inmunitaria, rendemento ecofisiolóxico ou capacidade de carga dos ecosistemas) para mellorar o benestar animal, o rendemento e a eficacia da acuicultura mariña a nivel global.
- Capacidades | Desenvolvemento de aplicacións de Intelixencia Artificial para a xestión de pesquerías
Desenvolvemento de algoritmos de Deep Learning que permiten automatizar os procesos de vixilancia das pesquerías e reducir o tempo e os custes en comparación co procesamento mediante observación humana. As aplicacións desenvolvidas van dende sistemas innovadores de vixilancia electrónica remota en tempo real, que identifican e cuantifican as capturas totais dos barcos de pesca (p. ex., iObserver), ata novas técnicas de recoñecemento de imaxe que permiten identificar os peixes a nivel individual e estimar parámetros poboacionais.
- Secreto industrial | Protocolo para a produción industrial de cabalos de mar (Hippocampus reidi)
Autoría: Miquel Planas Oliver; Alexandre Chamorro Valverde
Descrición: Desenvolvemento de procedementos de cultivo integrados para a produción industrial de cabalos de mar da especie Hippocampus reidi.
- Capacidades | Avaliación de stocks pesqueiros mediante o uso de enfoques tradicionais e de ecoloxía molecular
Desenvolvemento de modelos de avaliación de stock para estimar o estado das poboacións de peixes e os valores de Rendemento Máximo Sostible das pesquerías a partir de datos de presión pesqueira e parámetros de dinámica de poboacións (abundancia, distribución, idade, fecundidade, etc.) obtidos mediante métodos tradicionais e técnicas -ómicas, que permiten unha resolución espacial moito maior.
- Capacidades | Avaliación da supervivencia das capturas incidentais pesqueiras e ecoloxía espacial de especies de peixes mediante técnicas de telemetría
Uso de marcaxe acústica e de técnicas de biotelemetría para seguimento do comportamento dos peixes e avaliación da supervivencia das capturas incidentais da pesca.