• Patente | Método para a identificación de polipéptidos antimicrobianos en Mytilus edulis

    Autoría: María del Mar Costa Portela, Beatriz Novoa García, Antonio Figueras Huerta, Sonia Dios Vidal, Camino Gestal Mateo

    A invención proporciona un método para a identificación de polinucleótidos, precursores que codifican polipéptidos con actividade antibacteriana e antiviral (miticinas e mitilinas). Podes ver información más detallada premendo aquí.

  • Patente | Procedemento para evitar a putridez e a perda de calidade do peixe en produtos frescos e procesados

    Autoría: Isabel Medina; José Manuel Gallardo Abuín; Ana Alonso Pérez; Manuel Pazos Palmeiro; Juan Fernández Bolaños Guzmán; Isabel Sánchez Alonso

    A prevención da putridez do peixe e a perda da súa calidade consiste en reducir a susceptibilidade á oxidación mediante a produción dunha barreira para o osixeno mediante o glaseado e a adición de hidroxitirosol como antioxidante hidrosoluble natural. A técnica tamén é aplicable aos produtos de peixe e crustáceos. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

     

  • Patente | Atmosferas modificadas para a conservación de bivalvos vivos en envases herméticos

    Autoría: Laura Pastoriza; Gabriel Sampedro Cedeira; Marta Bernárdez Costas; Marta López Cabo;  Juan José Rodríguez Herrera

    A invención refírese a un método de conservar mariscos vivos utilizando unha atmosfera modificada que é rica en osíxeno e que contén un segundo compoñente principal de nitróxeno para conservar os moluscos bivalvos vivos e manter a calidade dos devanditos alimentos durante o máximo tempo posible ao longo do proceso de comercialización e venda. O envasado comercial do marisco debe estar completamente cheo e ben compacto, para o que as unidades deben inserirse perfectamente durante a operación de enchido mediante un vibrador, de xeito que os moluscos bivalvos non poidan abrir as súas valvas e perder así líquido intervalvar ao longo do proceso de venda. A invención refírese ao bivalvo máis popular do mercado canto a vendas e prezos e, por tanto, é de especial interese para o sector mexilloneiro. Podes ver información más detallada premendo aquí.

     

     

  • Patente | Procedemento para a extracción do ácido hialurónico do humor vítreo do peixe

    Autoría: Miguel Anxo Murado; María Montemayor Castroviejo; Marta López Cabo; María del Pilar González Fernández; Laura Pastoriza Enríquez

    Técnica para a preparación de ácido hialurónico (AH) a partir do humor vítreo do peixe para o seu uso en cosmética e en clínica. O proceso comprende a electrodeposición de proteínas e a súa diafiltración simultánea con recirculación total. Este procedemento permite a recuperación selectiva dos sedimentos impuros, a precipitación do AH e a solubilización de proteínas, xerando un AH cunha pureza superior ao 99,5 %. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

     

  • Patente | Operación óptima para a produción de nisina

    Autoría: Marta López Cabo; Miguel Anxo Murado García; M P González Fernández; Laura Pastoriza EnrÍquez; Juan José Rodríguez Herrera; Lorenzo Miguel Pastrana Castro

    Método para a produción de nisina en cultivo somerxido baseada na realcalinización reiterada do medio, sempre que o cultivo manteña a capacidade de recuperar o seu nivel de estabilización, combinada cun réxime descontinuo de subministro de glicosa. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

  • Patente | Procedemento para a identificación de albacora ou bonito do Norte (Thunnus alalunga) en produtos de atún en conserva

    Autoría: Carmen González Sotelo; Isabel Medina; Ricardo Pérez Martín; Javier Quinteiro Vázquez; Manuel Rey Méndez

    Técnica para a identificación de Thunnus alalunga en produtos de atún en conserva, que comprende a amplificación dun fragmento de 187 pb (BDR) do xene do citocromo b do ADN mitocondrial mediante o uso secuencial de dúas endonucleases. Isto permite diferencialo doutras especies utilizadas como sucedáneos de Thunnus alalunga en produtos enlatados. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

     

  • Patente | Procedemento para a identificación do zurdo liso (Auxis thazard) en conservas de zurdo liso

    Autoría: Carmen González Sotelo; Isabel Medina; Ricardo Pérez Martín; Javier Quinteiro Vázquez; Manuel Rey Méndez

    Técnica para a identificación de Auxis thazard en produtos de peixe en conserva, que comprende a amplificación dun fragmento de 187 pb (BDR) do xene do citocromo b do ADN mitocondrial mediante o uso dunha endonuclease de restrición. Isto permite diferencialo doutras especies utilizadas como sucedáneos de Auxis thazard. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

  • Patente | Diferenciación de varias especies de atún en produtos de atún en conserva

    Autoría: Carmen González Sotelo; Isabel Medina; Ricardo Pérez Martín; Javier Quinteiro Vázquez; Manuel Rey Méndez

    Técnica para a diferenciación de varias especies de atún en produtos de atún en conserva consistente no uso secuencial dunha serie de endonucleases de restrición sobre un fragmento amplificado de 187 pb, coñecido como bdr, do citocromo b do ADN mitocondrial. Así, pódense distinguir Thunnus thynnus, T. obesus, T. albacares e Katsuwonus pelamis por análise de fragmentos. Podes ver información más detallada premendo aquí.

     

  • Capacidades | Desenvolvemento de bioindicadores para vixilancia medioambiental

    Caracterización e medida de respostas microfisiolóxicas de marcadores moleculares xerados en resposta ás condicións medioambientais para o desenvolvemento dun sistema de alerta temperá de alteracións medioambientais.