• Capacidades | Desenvolvemento de aplicacións de Intelixencia Artificial para a xestión de pesquerías

    Desenvolvemento de algoritmos de Deep Learning que permiten automatizar os procesos de vixilancia das pesquerías e reducir o tempo e os custes en comparación co procesamento mediante observación humana. As aplicacións desenvolvidas van dende sistemas innovadores de vixilancia electrónica remota en tempo real, que identifican e cuantifican as capturas totais dos barcos de pesca (p. ex., iObserver), ata novas técnicas de recoñecemento de imaxe que permiten identificar os peixes a nivel individual e estimar parámetros poboacionais. 

     

  • Software | MIDER: kit de ferramentas para inferencia en redes mediante distancia de información mutua e redución da entropía

    MIDER (distancia de información mutua e redución de entropía) é una ferramenta de software de uso xeral para inferir estruturas de redes. Desenvolveuse pensando en redes biolóxicas, pero pode aplicarse a outros campos.

    Podes atopar máis información aquí.

     

  • Capacidades | Desenvolvemento e aplicación de metodoloxías moleculares para a identificación e cuantificación de especies mariñas en mostras medioambientais

    Identificación de novos marcadores moleculares para a identificación de especies mediante secuenciación de nova xeración (NGS) en mostras de ADN medioambiental, con aplicacións para a vixilancia da biodiversidade e a avaliación de stocks pesqueiros.