• Software | MITS: algoritmo baseado en procura tabú para problemas non lineais enteiro-mixtos (MINLP)

    Método descrito en: Exler, O., L.T. Antelo, J.A. Egea, A.A. Alonso and J.R. Banga (2008) A Tabu search-based algorithm for mixed-integer nonlinear problems and its application to integrated process and control system design. Computers & Chemical Engineering, 32(8):1877-1891.

    O software está dispoñible baixo petición (escríbenos se che interesa).

  • Capacidades | Ómica avanzada aplicada a organismos mariños

    Estudos sobre a estrutura do xenoma de organismos mariños, incluído o mapeado xenético, a secuenciación de ADN, como se produce o conxunto completo de transcritos de ARN polo xenoma e como se ve afectado polo desenvolvemento, as doenzas ou os factores ambientais que determinan o fenotipo, especialmente a proteómica e a metabolómica, utilizando sempre as técnicas máis avanzadas (ATAC-seq, MethylCap-Seq, RNA-seq, tecnoloxía de ADN recombinante, CRISPR/Cas9 knockin e knockout , enhancer detector (ZED),tecnoloxías transxénicas Tol2 kit e BAC, etc.).

  • Capacidades | Desenvolvemento de sistemas de control e optimización a nivel da planta completa na industria alimentaria

    Modelaxe a múltiples escalas para flexibilizar a toma de decisións e optimizar procesos complexos (p. ex., esterilización) baseado no control da seguridade e calidade dos produtos alimentarios mediante técnicas non invasoras (sensores de software, etc.).

     

  • Software | PREMER: inferencia rápida en redes con teoría da información

    PREMER (Parallel Reverse Engineering with Mutual information & Entropy Reduction [enxeñaría inversa paralela con información mutua e redución de entropía]) é unha ferramenta de software multiplataforma de código aberto para inferencia de estruturas de redes a partir de datos mediante medidas de teoría da información. É unha ferramenta de uso xeral desenvolvida pensando en redes biolóxicas, pero pódese aplicar a outros campos.

    Podes atopar máis información aquí.

     

  • Capacidades | Desenvolvemento de sistemas de acuicultura multitrófica integrada

    Optimización de sistemas de cultivo multitrófico en infraestruturas de acuicultura abertas e pechadas, dende os sistemas de recirculación en acuicultura de peixes e macroalgas, con especial interese no efecto dos microbiomas resultantes sobre o benestar animal, ata o axuste de sistemas de acuicultura de múltiples especies de baixo nivel trófico no océano.

  • Software | ACOmi: optimización por colonia de formigas de problemas de programación non lineais enteiro-mixtos (MINLP)

    O método descríbese en Schlater, M., J. A. Egea y J. R. Banga (2009). Extended ant colony optimization for non-convex mixed integer nonlinear programming. Computers & Operations Research 36(7): 2217-2229.

    O software está dispoñible baixo petición (escríbenos se che interesa).

  • Prototipo | MUSSEL-HFNI: biosensores de alta frecuencia non invasores (HFNI) e de baixo custo para seguimento en acuicultura

    Dispositivo para facer seguimento do estado fisiolóxico de ata 64 bivalvos no seu sistema de cultivo en tempo real. 

    O sistema de seguimento baséase na análise dos micromovementos dos bivalvos relacionados coa apertura de valvas (valvometría). Estudos recentes confirmaron que esta é unha técnica moi prometedora para detectar proliferacións de algas nocivas e episodios de acidificación do océano.

    O prototipo está actualmente en adaptación para mellorar a súa portabilidade e autonomía. Para máis información, escríbenos un correo electrónico.

     

  • Capacidades | Incidencia de patóxenos e avaliación do risco

    Detección e identificación de patóxenos en animais salvaxes e de cultivo, así como en produtos do mar. Avaliación da relación entre a incidencia de patóxenos e diversos aspectos medioambientais e fisiolóxicos para levar a cabo avaliacións do risco en relación con patóxenos obxectivo.

  • Capacidades | Deseño de procedementos de desinfección e modelaxe para a prevención da resistencia a axentes antimicrobianos

    Desenvolvemento de estratexias químicas (combinacións de desinfectantes, aceites esenciais) e biolóxicas (encimas, fagos) que sexan efectivas na eliminación de biopelículas monoespecíficas e mixtas en superficies usadas na industria alimentaria. Proba de biocidas e desenvolvemento de mellores estratexias de dosificación de biocidas para a industria alimentaria, garantindo a seguridade alimentaria ao tempo que se evita a adquisición de resistencia a axentes antimicrobianos.

     

  • Software | BioPreDyn-bench: paquete de problemas de referencia para modelaxe dinámica en bioloxía de sistemas

    BioPreDyn-Bench é un paquete de problemas de referencia para modelaxe dinámica en bioloxía de sistemas. Actualmente contén seis problemas complexos de estimación de parámetros que aspiran a servir de casos de proba de referencia neste eido. Este paquete inclúe modelos cinéticos a media e grande escala de células de E. coli, S. cerevisiae, D. melanogaster, ovario de hámster chinés (CHO) e unha rede de sinalización xenérica. O nivel de descrición inclúe o metabolismo, a transcrición, a transdución de sinais e o desenvolvemento.

    Podes atopar máis información aquí.