• Capacidades | Avaliación do valor nutricional dos produtos do mar e deseño de tratamentos e produtos para nutrición personalizada

    Deseño e desenvolvemento de produtos do mar para persoas consumidoras obxectivo (terceira idade, mocidade, pacientes con diabetes ou alerxias ao marisco, etc.) que cumpran uns requisitos específicos tanto nutricionais como de seguridade e sostibilidade. Desenvolvemento de técnicas (metabolómicas, proteómicas, xenómicas, lipidómicas, etc.) mediante o uso de modelos animais e cultivos celulares para caracterizar a resposta a unha dieta de pacientes ou persoas consumidoras e deseñar tratamentos e produtos para unha nutrición personalizada (p. ex., nutracéuticos, produtos do mar hipoalerxénicos, inmunoestimulantes, alimentos funcionais, etc.).

     

  • Software | Deseño baseado en modelos de sistemas activos de envasado intelixente con actividade antimicrobiana

    Código Matlab para desenvolver simulacións e optimizar o deseño de envases utilizando axentes antimicrobianos naturais (carvacrol) para a pescada (Merluccius merluccius). Ademais, considérase o uso de diferentes polímeros como posibles materiais de envasado activo.

    Podes atopar máis información aquí.

  • Capacidades | Prospección de novos compoñentes bioactivos

    Prospección de novos compoñentes bioactivos en organismos mariños e en subprodutos da industria alimentaria, incluída a caracterización da súa actividade e a validación da súa aplicación en diferentes sectores (sanitario, cosmético, nutrición, etc.).

     

  • Software | DOTcvpSB: Matlab toolbox for Dynamic Optimization in Systems Biology (kit de ferramentas en Matlab para a optimización dinámica en bioloxía de sistemas)

    DOTcvpSB é un kit de ferramentas escrito en MATLAB que utiliza o método de parametrización do vector de control (CVP) para manexar problemas de optimización dinámica enteiro-mixtos. DOTcvpSB aplicouse con éxito a diversos problemas en bioloxía de sistemas e enxeñaría de bioprocesos.

    Podes atopar máis información aquí.

  • Capacidades | Desenvolvemento de bioprocesos (biorrefinerías) para extraer bioprodutos e compostos bioactivos a partir de subprodutos da industria alimentaria

    Desenvolvemento de bioprocesos que permiten extraer compoñentes útiles de interese industrial a partir de descartes e de subprodutos e efluentes da industria alimentaria. Caracterización bioquímica de compoñentes útiles presentes en distintos tipos de produtos e subprodutos pesqueiros, como coláxeno da pel, encimas das vísceras, condroitín sulfato presente na cartilaxe, quitina das coirazas de crustáceos e das cunchas de xiba ou hidrolizados de proteínas obtidos do músculo. Avaliación de aplicacións potenciais destes compostos mediante a caracterización das súas actividades biolóxicas (antioxidantes, etc.) e as súas propiedades funcionais para o seu uso en diversas industrias, como a biomédica, química, cosmética, alimentaria, etc.

  • Capacidades | Caracterización xeoquímica da auga

    Análise das propiedades da auga, dende as súas características físicas ata as xeoquímicas, incluídos os compoñentes do sistema do carbono, a concentración de nutrientes, a caracterización da materia orgánica, a concentración de radioisótopos, os elementos traza e elementos de terras raras (ETR), etc.

  • Capacidades | Optimización de pensos de peixe

    Desenvolvemento de novas fórmulas e dietas sostibles para o seu subministro ás especies de cultivo co fin de mellorar a súa calidade e benestar.

     

  • Software | Fish-T-TaB Simulator: simulador de temperatura do peixe almacenado en cubas ou caixas

    Este modelo desenvolveuse e aplicouse por parte de integrantes do Grupo de Traballo da EFSA sobre o transporte e almacenamento de produtos pesqueiros frescos durante o traballo de preparación da Opinión Científica do Comité de Riscos Biolóxicos (BIOHAZ) sobre o uso de cubas para transportar e almacenar produtos pesqueiros frescos (EFSA-Q-2019-00053). Aplicouse a modelaxe de transferencia de calor para estimar a temperatura superficial do peixe durante os procesos relacionados coa temperatura: arrefriamento e posterior mantemento da temperatura refrixerada do peixe (proceso de "arrefriamento") e/ou mantemento da temperatura refrixerada (proceso de "mantemento") do peixe sobre xeo (en caixas) comparado co peixe en auga con xeo (en cubetas) baixo as mesmas condicións de transporte e almacenamento.

    Podes atopar máis información aquí.

  • Ventá cara ao mar

    Plataforma interoperable de datos que recolle rexistros dunha variedade de indicadores relativos a riscos costeiros tanto en Galiza coma no Norte de Portugal  As variables recollen, entre outras, o risco de eutrofización, erosión costeira, inundación ou perda de diversidade xenética. Vencellado ao proxecto MarRisk, financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional FEDER a través del Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

    Acceder

  • Capacidades | Desenvolvemento de probas de bioactividade in vivo para biomoléculas mediante o uso de modelos animais

    Uso de modelos animais (peixe cebra, rodaballo, rato, etc.) como sistemas modelo para estudar a bioactividade de diferentes compostos, así como de enfermidades que afectan a peixes e a seres humanos (choque séptico, doenzas inflamatorias, etc.).