Autoría: Isabel Medina; José Manuel Gallardo Abuín; Ana Alonso Pérez; Manuel Pazos Palmeiro; Juan Fernández Bolaños Guzmán; Isabel Sánchez Alonso
A prevención da putridez do peixe e a perda da súa calidade consiste en reducir a susceptibilidade á oxidación mediante a produción dunha barreira para o osixeno mediante o glaseado e a adición de hidroxitirosol como antioxidante hidrosoluble natural. A técnica tamén é aplicable aos produtos de peixe e crustáceos. Podes ver información máis detallada premendo aquí.
Autoría: Lorena Barros Tajes; Isabel Medina; Igancio Ortea; José Manuel Gallardo
Procedemento e kit para a identificación das principais especies comerciais de lagostinos e camaróns (orden Decápodos) pertencentes ás familias Penaeidae (Penaeus monodon, Farfantepenaeus notialis, Fenneropenaeus indicus, Fenneropenaeus merguiensis, Litopenaeus vannamei), Solenoceridae (Pleoticus muelleri) e Pandalidae (Pandalus borealis) en produtos e subprodutos frescos, refrixerados, conxelados e/ou procesados. Podes ver información máis detallada premendo aquí.
Autoría: María del Mar Costa Portela, Beatriz Novoa García, Antonio Figueras Huerta, Sonia Dios Vidal, Camino Gestal Mateo
A invención proporciona un método para a identificación de polinucleótidos, precursores que codifican polipéptidos con actividade antibacteriana e antiviral (miticinas e mitilinas). Podes ver información más detallada premendo aquí.
Autoría: Eva María Rivero Buceta; Cristian Smerdou Picazo; Pablo Botella Asunción; Antonio Pineda Lucena; Carla María Vidaurre Agut; Beatriz Novoa; Antonio Figueras Huertas; José María Benlloch Baviera
Derivados do andrografólido para o seu uso no tratamento de doenzas inflamatorias relacionadas coas citocinas. Patente pendente de publicación.
Autoría: Antonio Pineda Lucena; Carla María Vidaurre Agut; Eva María Rivero Buceta; Jose María Benlloch Baviera; Cristian Smerdou Picazo; Beatriz Novoa; Antonio Figueras Huertas; Pablo Botella Asunción
Derivados do andrografólido para o seu uso no tratamento da COVID-19 e da fibrose pulmonar asociada a ela. Patente pendente de publicación.
Autoría: Mónica Carrera; Lorena Barros; José Manuel Gallardo; Carmen Piñeiro; Daniel López; Jesús María Vázquez
Autoría: Carmen González Sotelo; Isabel Medina; Ricardo Pérez Martín; Javier Quinteiro Vázquez; Manuel Rey Méndez
Técnica para a identificación de Auxis thazard en produtos de peixe en conserva, que comprende a amplificación dun fragmento de 187 pb (BDR) do xene do citocromo b do ADN mitocondrial mediante o uso dunha endonuclease de restrición. Isto permite diferencialo doutras especies utilizadas como sucedáneos de Auxis thazard. Podes ver información máis detallada premendo aquí.
Autoría: Miguel Anxo Murado; María Montemayor Castroviejo; Marta López Cabo; María del Pilar González Fernández; Laura Pastoriza Enríquez
Técnica para a preparación de ácido hialurónico (AH) a partir do humor vítreo do peixe para o seu uso en cosmética e en clínica. O proceso comprende a electrodeposición de proteínas e a súa diafiltración simultánea con recirculación total. Este procedemento permite a recuperación selectiva dos sedimentos impuros, a precipitación do AH e a solubilización de proteínas, xerando un AH cunha pureza superior ao 99,5 %. Podes ver información máis detallada premendo aquí.
Autoría: Antonio Figueras Huerta, María Gasset Vega, Beatriz Novoa García, Magalí Rey Campos, Ricardo Mallavía Marín, Regla María Medina Gali, Alicia Martínez López
A presente invención refírese a péptidos derivados da miticina C e os seus usos terapéuticos, máis concretamente na rexeneración celular e/ou dos tecidos. Podes ver información máis detallada premendo aquí.
Autoría: Laura Pastoriza; Gabriel Sampedro Cedeira; Marta Bernárdez Costas; Marta López Cabo; Juan José Rodríguez Herrera
A invención refírese a un método de conservar mariscos vivos utilizando unha atmosfera modificada que é rica en osíxeno e que contén un segundo compoñente principal de nitróxeno para conservar os moluscos bivalvos vivos e manter a calidade dos devanditos alimentos durante o máximo tempo posible ao longo do proceso de comercialización e venda. O envasado comercial do marisco debe estar completamente cheo e ben compacto, para o que as unidades deben inserirse perfectamente durante a operación de enchido mediante un vibrador, de xeito que os moluscos bivalvos non poidan abrir as súas valvas e perder así líquido intervalvar ao longo do proceso de venda. A invención refírese ao bivalvo máis popular do mercado canto a vendas e prezos e, por tanto, é de especial interese para o sector mexilloneiro. Podes ver información más detallada premendo aquí.