Patente | Diferenciación de varias especies de atún en produtos de atún en conserva

Autoría: Carmen González Sotelo; Isabel Medina; Ricardo Pérez Martín; Javier Quinteiro Vázquez; Manuel Rey Méndez

Técnica para a diferenciación de varias especies de atún en produtos de atún en conserva consistente no uso secuencial dunha serie de endonucleases de restrición sobre un fragmento amplificado de 187 pb, coñecido como bdr, do citocromo b do ADN mitocondrial. Así, pódense distinguir Thunnus thynnus, T. obesus, T. albacares e Katsuwonus pelamis por análise de fragmentos. Podes ver información más detallada premendo aquí.

 

Patente | Compostos con actividade antiinflamatoria

Autoría: Juan Carlos Espin de Gea; Juan Carlos Morales Sánchez; Isabel Medina

Compostos para o tratamento de procesos inflamatorios implicados en numerosas doenzas, tales como as doenzas inflamatorias do intestino. A invención refírese principalmente a compostos incluídos en certa fórmula xeral e ao procedemento para obtelos. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

 

 

Patente | Operación óptima para a produción de nisina

Autoría: Marta López Cabo; Miguel Anxo Murado García; M P González Fernández; Laura Pastoriza EnrÍquez; Juan José Rodríguez Herrera; Lorenzo Miguel Pastrana Castro

Método para a produción de nisina en cultivo somerxido baseada na realcalinización reiterada do medio, sempre que o cultivo manteña a capacidade de recuperar o seu nivel de estabilización, combinada cun réxime descontinuo de subministro de glicosa. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

 

Patente | Derivados de galatos de alquilo como antioxidantes e surfactantes

Autoría: Juan Carlos Morales Sánchez, Ricardo Lucas RodrÍguez, Olivia Sánchez Maldonado, Francesc Comelles Folch, José Luis Parra Juez, Isabel Medina Méndez

A invención relaciónase cun composto derivado dun galato de alquilo e o seu método de produción, así como co seu uso como surfactante e axente oxidante, en particular como parte dunha composición en forma de emulsión. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

 

 

Patente | Procedemento para a identificación de albacora ou bonito do Norte (Thunnus alalunga) en produtos de atún en conserva

Autoría: Carmen González Sotelo; Isabel Medina; Ricardo Pérez Martín; Javier Quinteiro Vázquez; Manuel Rey Méndez

Técnica para a identificación de Thunnus alalunga en produtos de atún en conserva, que comprende a amplificación dun fragmento de 187 pb (BDR) do xene do citocromo b do ADN mitocondrial mediante o uso secuencial de dúas endonucleases. Isto permite diferencialo doutras especies utilizadas como sucedáneos de Thunnus alalunga en produtos enlatados. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

 

 

Subscribe to Patentes