Capacidades e produtos de innovación
- Capacidades | Desenvolvemento de ferramentas de xestión e toma de decisións baseadas en modelaxe e simulación de escenariosProtección costeira e medioambiental Ordenación do espazo marítimo Servizos ecosistémicos e gobernación de ecosistemas Acuicultura Pesquerías
Desenvolvemento de ferramentas específicas para espazos concretos que permitan a avaliación, xestión e toma de decisións baseada na modelaxe dos impactos de escenarios ambientais actuais e posibles escenarios futuros (contaminación, cambio climático, etc.) sobre as condicións oceanográficas, a distribución da biodiversidade, a resposta fisiolóxica ou o desempeño das pesquerías e a acuicultura.
- Capacidades | Asistencia técnica en mostraxes oceanográficas e costeiras e no procesamento e interpretación dos datos
Asistencia técnica no deseño de mostraxes e selección de sensores para obter datos de observación sobre procesos físicos e bioxeoquímicos en medios mariños, así como no procesamento, modelaxe e interpretación dos datos.
- Capacidades | Caracterización xeoquímica da auga
Análise das propiedades da auga, dende as súas características físicas ata as xeoquímicas, incluídos os compoñentes do sistema do carbono, a concentración de nutrientes, a caracterización da materia orgánica, a concentración de radioisótopos, os elementos traza e elementos de terras raras (ETR), etc.
- Capacidades | Predición e caracterización de proliferacións de algas nocivasProtección costeira e medioambiental Servizos ecosistémicos e gobernación de ecosistemas Acuicultura
Caracterización e modelaxe de proliferacións de algas e a súa interacción coas condicións oceanográficas e medioambientais para modelar e predicir episodios de proliferación.
- Capacidades | Cuantificación dos impactos antropoxénicos sobre a calidade da auga
Análise da acidificación, eutrofización e concentración de diferentes contaminantes (HAP, metais pesados, contaminantes emerxentes, etc.) en mostras de auga, así como do seu impacto sobre os procesos biolóxicos e bioquímicos.
- Capacidades | Avaliación da biodiversidadeInstrumental e sensores mariños Protección costeira e medioambiental Ordenación do espazo marítimo Servizos ecosistémicos e gobernación de ecosistemas
Facer seguimento da distribución temporal e espacial das especies, a abundancia e a biomasa de diversos taxons mediante diversas técnicas como e-ADN, caracterización de pigmentos, citometría de fluxo, telemetría acústica, toma de imaxes mediante sistemas de observación remota (p. ex., drons, etc.) ou identificación taxonómica clásica.