Encontros IIM 2024 | 5ª fase
Evento interno do IIM-CSIC anual que se celebra co fin de coñecer o traballo que se realiza no centro e fomentar a discusión científico - técnica.
Aquí podes ver todos os traballos presentados
Que son os Encontros?
Os Encontros son unha xuntanza informal anual, e esta será a quinta edición. Nesta reunión, todo o persoal do centro, tanto investigador como técnico, en prácticas, temporal ou funcionario, pode compartir o que fai co obxectivo de coñecernos mellor e ter unha idea máis concreta da actividade do IIM. Esta xuntanza fomenta a discusión científico-técnica e reforza os vínculos entre os grupos.
Este ano contaremos con 30 presentacións. A idea é que todo o persoal se sinta implicado e nos conte en que consiste o seu traballo diario, a través dun póster que poderá comentar durante a xornada nun tempo estimado de non máis de 5 minutos.
O evento interno será presencial para a comunidade do IIM.
Comité Científico-Técnico
Como tódolos anos, contamos cun Comité Científico-Técnico, co que esperamos que todo o persoal do instituto se sinta implicado e adecuadamente representado, e que axudará tamén a dinamizar estes Encontros 2024 na súa 5ª fase.
Un dos obxectivos dos membros do Comité é promover a participación equitativa nos Encontros, apoiar e asesorar na súa organización e actuar como moderadores o propio día da xuntanza.
- Coordinación 📜: Antonio Figueras (Equipo directivo), Jaime Amaro Blanco (UCC+I) e Loli Domínguez (UCC+I)
- Representante do persoal técnico 🔬: Laura Gómez Montoto (Servizo de Microscopía e Análise de Imaxe)
- Representante do persoal de xestión, transferencia e difusión 📢: Iago Filgueira Félix (IACIC)
- Representante predoutoral 🐟: Laura Guerrero Peña (POCG)
- Representante de IPs 👨💻: Manuel Pazos Palmeiro (QPM)
- Representante posdoutoral 📘: Laura Casas Castaño (ERM)
- Representante estudantes/TFM/TFG 👩🏾🎓: Elisa Barreiro Docío (AcuaBioTech)
Programa