Capacidades e produtos de innovación
- Capacidades | Avaliación do valor nutricional dos produtos do mar e deseño de tratamentos e produtos para nutrición personalizada
Deseño e desenvolvemento de produtos do mar para persoas consumidoras obxectivo (terceira idade, mocidade, pacientes con diabetes ou alerxias ao marisco, etc.) que cumpran uns requisitos específicos tanto nutricionais como de seguridade e sostibilidade. Desenvolvemento de técnicas (metabolómicas, proteómicas, xenómicas, lipidómicas, etc.) mediante o uso de modelos animais e cultivos celulares para caracterizar a resposta a unha dieta de pacientes ou persoas consumidoras e deseñar tratamentos e produtos para unha nutrición personalizada (p. ex., nutracéuticos, produtos do mar hipoalerxénicos, inmunoestimulantes, alimentos funcionais, etc.).
- Capacidades | Optimización de pensos de peixe
Desenvolvemento de novas fórmulas e dietas sostibles para o seu subministro ás especies de cultivo co fin de mellorar a súa calidade e benestar.
- Capacidades | Novas tecnoloxías para a detección rápida de patóxenos en produtos da pesca e da acuicultura
Desenvolvemento de técnicas de espectroscopia de masas para a identificación e cuantificación rápida de parasitos en produtos do mar, así como de técnicas de proteómica para identificar microorganismos patóxenos, parasitos de peixes e proteínas alerxénicas.
- Capacidades | Incidencia de patóxenos e avaliación do risco
Detección e identificación de patóxenos en animais salvaxes e de cultivo, así como en produtos do mar. Avaliación da relación entre a incidencia de patóxenos e diversos aspectos medioambientais e fisiolóxicos para levar a cabo avaliacións do risco en relación con patóxenos obxectivo.
- Capacidades | Desenvolvemento de probas de bioactividade in vitro para biomoléculas mediante o uso de liñas celulares e análises de expresión xénica específicos
Desenvolvemento de técnicas (metabolómica, proteómica, xenómica, lipidómica e biomarcadores) para caracterizar a resposta das células a diferentes biomoléculas e validar a súa actividade e seguridade.
- Capacidades | Control da trazabilidade e a etiquetaxe
Desenvolvemento de biomarcadores específicos e técnicas de -ómica para cuantificar alérxenos e facer seguimento da composición específica e a orixe xeográfica para a trazabilidade da calidade e a prevención do fraude alimentario e das pesquerías non reguladas.
- Capacidades | Desenvolvemento de etiquetaxe intelixente e activa dos alimentos
Desenvolvemento de etiquetas intelixentes para os alimentos baseadas en modelos de oxidación, crecemento microbiano, etc. que permitan a quen os consume saber cando os alimentos xa non son aptos para o seu consumo, axudando a evitar o desbaldo de alimentos, e que informen sobre a súa frescura, temperatura do paquete, etc.